Vanesa Martín chega a Pontevedra co seu último álbum, 'Placeres y pecados'

Pontevedra
10 de agosto 2023

Vanesa Martín actuará o sábado 19 de agosto, ás 22:30 horas, na Praza de España dentro dos concertos programados na Semana Grande das Festas da Virxe Peregrina

Vanesa Martín
Vanesa Martín / Vanesa Martín

Vanesa Martín actuará o sábado 19 de agosto, ás 22:30 horas, na Praza de España dentro dos concertos programados na Semana Grande das Festas da Virxe Peregrina.

Esta cantautora malagueña é unha das artistas españolas con máis proxección internacional.

No 2006 editou o seu primeiro traballo discográfico de estudo, "Agua". O DJ Carlos Jean encargouse da produción e reeditouno un ano máis tarde para incluír o éxito de Vanesa Martín xunto a David DeMaría "Durmiendo sola". 

Despois seguiron outros traballos como: "Trampas" (2009), "Cuestión de piel" (2012), "Crónica de un baile" (2014), "Munay" (2016), "Todas las mujeres que habitan en mí" (2018), "Siete veces sí" (2020), "Placeres y pecados" (2022).

Ademais de compoñer cancións para Siempre Así, María Toledo o Pastora Soler,  compartiu escenario con intérpretes da talla de Alejandro Sanz, Pablo Alborán, India Martínez, Malú, Pastora Soler, Raphael, Chenoa, David DeMaría, Rosario Flores, El Arrebato, Manuel Lombo, Diana Navarro, entre outros.