A presentación de Cabos Soltos completarase cunhas xornadas técnicas que se celebrarán na Casa da Luz, nas que se analizarán diversos temas relacionados coa produción cultural e que contarán coa participación de numerosos profesionais de recoñecido prestixio.
Estas conferencias que, segundo a organización, son un de nivel "extraordinario", analizarán cuestións como os dereitos laborais dos artistas, como monetizar o traballo creativo, o cambio irreversible no modelo de negocio musical ou os criterios programáticos que seguen salas e festivais para ofrecer concertos en directo.
A programación destas xornadas técnicas é a seguinte:
XOVES 21 DE MARZO
1. A escena musical actual en Pontevedra. 10:30-12:00
Análise da situación da industria na cidade de Pontevedra. Iniciativas, fitos, oportunidades e riscos e desvantaxes.
Moderadora: Marisa Ciordia (xornalista de PontevedraViva)
Relatores: Carlos Crespo (Fugas, La Voz de Galicia), Gonzalo Maceiras (coordinador da Escola Estudo Bonobo e músico) e Anabel Gulías (Concelleira de Promoción Económica e Turismo)
2. Son músico, teño dereitos? O novo Estatuto do Artista. 12:30-14:00
O Estatuto do Artista traerá cambios neste 2019. Así, en avance, a baixada do IVE e o novo tratamento do IRPF foron medidas adoptadas en adianto do que está por chegar. Pero, cal é a situación actual? Que novas medidas caben esperar?
Moderadora: Herminia Martínez (coordinadora de Girando por Salas)
Relatores: Anxela Baltar (Bala), Manuel Alonso (xerente de Músicas ao Vivo), Carmen Zapata (xerente de ASACC-asociación de salas de concertos de Cataluña e portavoz da PLAM-Plataforma Estatal pola música)
3. Onde está o meu diñeiro? O marco económico actual e os novos modelos de monetización 16:30-18:00
A financiación das bandas depende, en gran medida, da capacidade que teñan de xerar ingresos. Como se está a pagar nos festivais ás bandas noveis? É rentable o circuito de salas? Cales son os novos modelos de xeración de ingresos?
Moderador: Juan Rivas (La 10planta, Ourense ICCWeek, Vive Nigrán)
Relatores: Ramón Rey García (Avogado especializado en Dereitos de Autor, Castelao Avogados), Miguel Martorell (director de Altafonte Spain) e Alberto Alfonso (director de Art-Music, FIV Vilalba)
4. The final countdown: morte irreversible do modelo de negocio 18:30-20:00
O negocio musical cambiou. E fixoo tan vertixinosamente nos últimos vinte anos que debemos analizar se a industria está evolucionando ao mesmo ritmo que as novas formas de consumo e as tendencias. Estamos preparados para o futuro inmediato?
Moderadora: Marta Gómez (xornalista, directora de Zigzag diario)
Relatores: Paula Rego (baterista de Agoraphobia), Rafa López (xornalista, Visado-Faro de Vigo) e Raquel Seijo (promotora, Sweet Nocturna)
VENRES 22 DE MARZO
1. Das salas aos festivais: criterios programativos e conflitos. 10:30-12.00
As salas foron historicamente o medio natural do nacemento e desenvolvemento das bandas, pero o seu labor cada vez vese máis minguado pola aparición de festivais e as exclusividades que estes esixen aos seus participantes. É posible a harmonía entre ambas realidades?
Moderadora: Marián Fernández (O Cable Inglés)
Relatores: Julio Gómez (investigador, director de Sinsal), Tali Carreto (co-director Monkey Week) e Miguel de la Cierva (programador El Naútico)
2. Está a escena musical preparada para a paridade? 12:30-14:00
Analizará se o punto de partida é o mesmo para todos ou se debe repensar as prácticas actuais e establecer estándares de igualdade de xénero dentro da industria en España.
Moderadora: Arancha Estévez (xornalista especializada en cultura)
Relatores: Almudena Heredero (directora do Primavera Pro), Susana Laya (co-directora Atlantic Fest) e Marcela Sanmartín (programadora e creadora de contidos)
3. Resolución de conflitos contractuais. Cumprimos todos coa lei? 16:00-17:30
Porá sobre a mesa os problemas aos que se enfrontan salas, músicos, festivais e axencias para o cumprimento efectivo das diferentes leis que afectan o desenvolvemento da nosa actividade.
Moderador: Tomi Legido (vogal da AGPXC- Asociación Galega de Profesionais de Xestión cultural, programador sala Mardi Gras)
Relatores: Fran Velo (baixista en Heredeiros da Crus e The Lákazans), Xabier Alonso (director da Asociación Festivais de Galicia) e Patricia Gabeiras (doutora en Dereito da Cultura e socia directora da firma Gabeiras & Asociados)
4. Obradoiro: aprender a facer ruído para berrar menos, pero berrar mellor 18:00-19:30
A intención deste obradoiro é dotar de ferramentas aos artistas para que saiban manexar os recursos que lles permitan acceder aos programadores e aos medios de comunicación. Dende como preparar unha folla de promo, ata as redes, como enviar un correo electrónico ou como deseñar unha estratexia efectiva para pechar bolos
Impartido por: Ivone Lesan (Booker internacional, Sala Razmatazz)