Un ano de podcast inmensamente culturais en PontevedraViva Radio

Pontevedra
30 de decembro 2023

Os contidos de carácter cultural protagonizaron os podcast que durante este ano graváronse no estudo de PontevedraViva Radio e que están dispoñibles para escoitar e descargar na súa web

Algunhos dos convidados aos podcast de PontevedraViva Radio no 2023
Algunhos dos convidados aos podcast de PontevedraViva Radio no 2023

Se unha palabra pode representar os nomes que durante 2023 seguiron sumando podcast enPontevedraViva Radio, é cultura. Literatura, música, cinema, tauromaquia, ou patrimonio cultural aglutinan a maioría dos contidos que fomos engadindo nos últimos doce meses.

No podcast 'Cara a cara' tivemos numerosos autores que copan as vendas de novelas en España: Sonsoles Ónega, Carmen Mola, Javier Moro, Pilar Eyre, Laura Ferrero, Lorenzo Silva, Carme Chaparro, Alice Kellen, Jorge Molist, ou Manuel Vilas. Tamén autores galegos top en vendas como Pedro Feijoo, Luis García-Rey, Defreds, Inma López Silva, ou María Oruña; e non deixamos atrás a escritores que desde Pontevedra tamén publican no sector editorial como foron neste ano Sabela Senn, Xacobe Medina, Nee Barros, Paula Cheshire, Fabio Rivas, Víctor Efrén Castro, ou Manuel Núñez Fernández.

Das letras impresas ás letras cantadas tamén charlamos cunha boa canteira de artistas. Desde veteranos nos escenarios a outros debutantes e en diversidade de estilos. Blind Crows, Thom Archi, Furious Monkey House, Mr River, Trendy Soft Soda, Charlo, Brutal, Víctor Pazos, Lieven Scheerlinck, María do Ceo, Helena Egea, Adrián Solla, Lontreira ou Ana Rodríguez quen nos falou da despedida de Leilía. Estreamos o podcast 'Xeración Sónica' para dar visibilidade aos grupos noveis que están a se formar a través desta iniciativa municipal. Non son as únicas músicas que se poden descargar; cada venres as novidades están en'Os dez lanzamentos' e tamén temos o espírito nostálxico de 'O club da esquina' ou os 'Apuntes de jazz'.

Axuntando libros e cinema, volveu acompañar Seve Casalderrey, programador e autor dos Cadernos do FICBUEU e desde este ano tamén membro da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Non faltaron un ano máis nas 'Conversas na Ferrería' os faladoiros taurinos e completando este abanico, PontevedraViva Radio segue coa serie de podcast sobre patrimonio cultural da ría de Pontevedra que a modo de audioguías oferta 'Cos 5 sentidos'.

Novas tecnoloxías, cuestións de actualidade, curiosidades, eventos, proxectos... tamén pasaron por estes micrófonos e seguirán estando, como a retranca que quincenalmente poñen Marcial Outeda e Jesús Fontanes no podcast 'Boomer o último', onde sacan punta a esta xeración.