Toda unha semana de festa para celebrar as Festas do Santiaguiño do Burgo

Pontevedra
08 de xullo 2024

O barrio do Burgo volverá a ter un protagonismo especial nas Festas de Verán de Pontevedra. Será coas súas tradicionais Festas de Santiaguiño do Burgo, que se celebrarán entre os días 22 e 28 de xullo e que incluirán actividades por todo este ámbito urbano

Día do neno nas atraccións das festas da Peregrina
Día do neno nas atraccións das festas da Peregrina / Mónica Patxot

O barrio do Burgo volverá a ter un protagonismo especial nas Festas de Verán de Pontevedra. Será coas súas tradicionais Festas de Santiaguiño do Burgo, que se celebrarán entre os días 22 e 28 de xullo e que incluirán actividades por todo este ámbito urbano.

A programación completa desta festa é a seguinte:

LUNS 22 

11.30 horas: Pasacalles polo barrio do Burgo a cargo de Duos Pontes 
22.30 horas: Verbena no Recinto Feiral coa orquestra La Ola Show 

MARTES 23 

11.30 horas: Pasacalles polo barrio do Burgo a cargo do grupo Os de Algures 
22.30 horas: Verbena no Recinto Feiral coa orquestra Fuego 

MÉRCORES 24 

11.30 horas: Pasacalles polo barrio do Burgo a cargo do grupo Gaiteiros das Rías Baixas 
20.45 horas: Procesión polo barrio do Burgo para recoller as uvas e o millo, coa participación do grupo de gaitas Os de Algures 
22.30 horas: Verbena no Recinto Feiral coa orquestra Triunfo 

XOVES 25 

12.30 horas: Pasacalles polo barrio do Burgo a cargo de Os Alegres 
12.45 horas: Procesión polo barrio do Burgo
22.30 horas: Verbena no Recinto Feiral coa orquestra Grupo Máster
00.00 horas: Fogos de artificio na beira do río, entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago 

VENRES 26

Día infantil nas atraccións do Recinto Feiral

SÁBADO 27

22.30 horas: Verbena no Recinto Feiral cun DJ e coa orquestra Bahía 

DOMINGO 28

22.30 horas: Verbena no Recinto Feiral coa orquestra Bahía