Torneo de cabalería, postos tradicionais, animación de rúa e, por suposto, "tenreira asada ao espeto" no restaurante 5 puertas.
Pontevedra volve ter Feira Franca e, como cada ano, neste emblemático restaurante poderase degustar a súa típica "Terneira ao espeto".
Ingredientes básicos: Carne de primeira calidade, boa leña, mestres asadores e moita paciencia permiten que sexa un manxar digno doutra época.
Poderase degustar tanto no interior do local, onde conta con cheo absoluto, como para todos aqueles que queiran achegarse, xa que cada ano instalan un posto de venda para os veciños e visitantes.
O restaurante está situado en pleno epicentro da festa local, na rúa avenida Santa María nº 8. Está situado nunha antiga casa señorial en pleno casco antigo que mantén as súas raíces na arquitectura e tamén iso marca a propia cociña do local, pero á vez vén dotado internamente dun deseño moderno e atemporal.
Onde normalmente serven 5jotas, pescados da ría e boas carnes cambia por un día a súa carta por un prato máis artesanal e que claramente nos evoca a todos os pontevedreses o ambiente medieval que buscamos na nosa cidade, aínda que sexa só por un día.
Este sábado, Pontevedra recibe a miles de veciños e visitantes interesados por estas festas que, debidamente ataviados, rememoran un pasado medieval e tamén, por suposto, poderase gozar entre outras actividades da gastronomía típica daquela época.