Sumar ve o PP nunha "senda de transfobia" e cre que a lei LGTBI galega "está en peligro"

Pontevedra
07 de febreiro 2024

Para Sumar, a lei LGTBI galega, aprobada por unanimidade hai dez anos no Parlamento de Galicia, "está en peligro" polo que consideran a "senda de transfobia" que iniciou o PP. Así o sostivo a portavoz de feminismos, igualdade e dereitos LGTBI+, Elizabeth Duval

Elizabeth Duval e Marta Lois con colectivos LGTBI+
Elizabeth Duval e Marta Lois con colectivos LGTBI+ / EFE / Lavandeira Jr.

Para Sumar, a lei LGTBI galega, aprobada por unanimidade hai dez anos no Parlamento de Galicia, "está en peligro" polo que consideran a "senda de transfobia" que iniciou o PP. Así o sostivo a portavoz de feminismos, igualdade e dereitos LGTBI+, Elizabeth Duval.

Duval arroupou este mércores á candidata de Sumar á presidencia da Xunta de Galicia, Marta Lois, nun encontro con representantes de asociacións LGTBI+, ante os que reivindicou que "este peligroso camino de LGTBIfobia tiene que ser parado".

"Esa ley es un mínimo consenso, pero necesitamos una fuerza que sea mucho más valiente y vaya más allá", reclamou a portavoz de Sumar, impulsando máis medidas "feministas" e iniciativas que reforcen a protección e as liberdades do colectivo.

Marta Lois reclamou que esa normativa LGTBI+ ten que estar dotada de "orzamentos" para evitar que quede en "papel mollado". O PP, segundo a candidata de Sumar Galicia, "xamais apostou realmente por poñer recursos económicos para avanzar en dereitos".

Así, referiuse ao informe do Consello da Cultura Galega no que se advirte das "carencias" que sofre este colectivo en dereitos.

"Sumar leva no seu programa avanzar no ámbito laboral, no cultural e nas políticas da memoria. E sobre todo, colocar a diversidade, a disidencia sexual e o dereito para existir e estar con quen nos dá a gana como un dereito no noso país", sentenciou.

Arquivado en