Shinova, El Drogas, La la Love You, Nil Moliner, Fillas de Cassandra, Mondra, Delaossa ou Tanxugueiras, nas Festas da Peregrina

Pontevedra
09 de agosto 2024

As Festas da Peregrina son dez días de actividades por toda a cidade, entre os días 10 e 19 de agosto, nos que a música terá un marcado protagonismo

Shinova, Fillas de Cassandra e Nil Moliner
Shinova, Fillas de Cassandra e Nil Moliner / PontevedraViva

As Festas da Peregrina volverán ser unha das principais referencias das Festas de Verán de Pontevedra. Serán dez días de actividades por toda a cidade, entre os días 10 e 19 de agosto, nos que a música terá un marcado protagonismo.

Porque se hai algo que os pontevedreses desexan saber iso é, sen dúbida, os artistas que actuarán na Boa Vila durante a semana grande das festas. E este ano, unha vez máis, as principais actuacións repartiranse entre a Praza da Ferrería e a Praza de España.

No escenario principal, xunto á casa do concello, actuarán entre outros El Drogas (sábado 10), Delaossa (domingo 11), La la Love you (luns 12), Nil Moliner (mércores 14), Shinova (xoves 15), Óscar Ibáñez e Tribo (venres 16), Fillas de Cassandra (sábado 17) ou Tanxugueiras (domingo 18).

Pola súa banda, na Praza da Ferrería despregarán os seus espectáculos Caamaño & Ameixeiras (mércores 14), a Savoy Club Big Band (xoves 15), Mondra (venres 16), a Banda de Música de Pontevedra + Pelepau (domingo 18) ou Anxo Araújo (luns 19). 

Sábado 22:30 horas. Concerto de El Drogas. Praza de España 

Domingo 11, 22:30 horas, concerto de Delaossa. Praza de España 

Luns 12, 22:30 horas, concerto de La la Love you. Praza de España 

Mércores 14, 22:30 horas, concerto de Nil Moliner. Praza de España 

Xoves 15, 22:30 horas, concerto de Shinova. Praza de España 

Venres 15, 22:30 horas, concerto de Óscar Ibáñez & Tribo. Praza de España

Sábado 17, 22:30 horas, concerto de Fillas de Cassandra. Praza de España 

Domingo 18, 22:30 horas, concerto de Tanxugueiras. Praza de España 

Lunes 19, 22:30 horas, Los 40 Sessions. Plaza de España