Saltaron as alarmas en ENCE

Pontevedra
30 de decembro 2020

"Nuestro futuro estará condicionado a que España mantenga la seguridad jurídica, algo sobre lo que hoy tenemos serias dudas", así o dicía no pasado mes de marzo o entón conselleiro delegado de Ence, hoxe presidente deste grupo empresarial, Ignacio Colmenares.

Mobilización dos traballadores da fábrica de ENCE en Lourizán e das súas empresas auxiliares
Mobilización dos traballadores da fábrica de ENCE en Lourizán e das súas empresas auxiliares / Mónica Patxot

"Nuestro futuro estará condicionado a que España mantenga la seguridad jurídica, algo sobre lo que hoy tenemos serias dudas", así o dicía no pasado mes de marzo o entón conselleiro delegado de Ence, hoxe presidente deste grupo empresarial, Ignacio Colmenares.

O Ministerio de Transición Ecolóxica está a revisar a prórroga concedida en 2016 á planta de celulosa en Pontevedra polo anterior goberno do Partido Popular presidido por Mariano Rajoy. En particular, o Goberno de Pedro Sánchez non defenderá a concesión por un prazo de 60 anos e apoiou os recursos interpostos polo Concello de Pontevedra, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra e Greenpeace

Ao coñecer a decisión a compañía pasteira facía saltar todas as alarmas.

O valor bolsista de Ence no Ibex 35 entrou en "caída libre" xusto no momento en que apareceu a noticia e aí segue ao peche do ano. Ence atópase agora mesmo en situación de incerteza total ao redor da situación da planta de Pontevedra e o "impacto extraordinario" do seu posible peche. Algo que non gusta aos investidores o que se reflectiu ao finalizar o ano nunha caída dun 50% en bolsa.

Se pecha a fábrica de Pontevedra "invertiríamos fuera de España, en un país que nos dé seguridad jurídica", anunciou Ignacio Colmenares ante a súa xunta de accionistas.

A reacción dos traballadores da fábrica de Lourizán non se fixo esperar.  Da man da dirección da empresa, Ence encheu de lazos verdes a comarca estendendo as súas mobilizacións fóra da cidade do Lérez chegando ao Congreso dos deputados e á sede do PSOE en Ferraz, mesmo cunha caravana de camións, ou nos mitins de Pedro Sánchez en Vigo.

A maioría das mobilizacións trataron de visibilizar e gran impacto social que tería o peche do complexo industiral en toda Galicia. Por iso é polo que foron actos multitudinarios, desde unha manifestación a unha festa.

Tamén saíron en defensa da continuidade da fábrica todas as empresas auxiliares, a Autoridade Portuaria e a Xunta de Galicia, especialmente durante as campañas electorais que estiveron marcadas por este tema,tanto as municipais como as nacionais. Por certo que este ano as solicitudes de axudas do Plan Social superaron os 11 millóns de euros, aínda que a súa dotación é de tres millóns.

Durante este tempo a dirección da fábrica de Lourizán presumiu da mellora os seus resultados ambientais mentres que o Partido Popular rexeitaba no Parlamento de Galicia a investigación que pedía o BNG sobre o uso de aceites industriais na planta da ría de Pontevedra, tal e como denunciara a APDR.

En todo caso, a ciencia estima que Ence Pontevedra ten data límite.A celulosa quedará a merced do mar dentro de 30 anos, de acordo cun estudo realizado por Climate Central, unha organización estadounidense que agrupa a numerosos científicos que investigan o cambio climático e os seus efectos.

 

Arquivado en