Rueda presume da capacidade de mobilización do PP, "que os demais partidos non son quen nin tan sequera de imaxinar"

Pontevedra
11 de setembro 2016

 Rueda lembra que eles mesmos dixeran que encher a praza de touros era un reto moi difícil e moi complicado nun momento actual no que os cidadáns están "cansos de tanto bloqueo e tanto proceso electoral", pero finalmente lográrono. Por telo feito, tivo palabras de agradecemento para  tanto para os que entraron como para quen quedou fóra, pois "demostraron o que é o Partido Popular" 

Jacobo Moreira e Lupe Murillo visitan o mercado de antigüidades da rúa Serra
Jacobo Moreira e Lupe Murillo visitan o mercado de antigüidades da rúa Serra / Diego Torrado

No Partido Popular de Pontevedra sacan peito co resultado do acto central organizado pola súa formación na campaña para as eleccións do 25 de setembro. Foi na praza de touros de Pontevedra e reuniron 12.000 persoas dentro e outras 2.000 que non puideron entrar.

Este domingo, día despois do fito histórico, o presidente provincial e número 2 da candidatura por Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou que con este mitin "viuse unha capacidade de mobilización que os demais partidos non son quen nin tan sequera de imaxinar".

Rueda lembra que eles mesmos dixeran que encher a praza de touros era un reto moi difícil e moi complicado nun momento actual no que os cidadáns están "cansos de tanto bloqueo e tanto proceso electoral", pero finalmente lográrono. Por telo feito, tivo palabras de agradecemento tanto para os que entraron como para quen quedou fóra, pois "demostraron o que é o Partido Popular".

Na súa opinión, foi "un día para o recordo" que demostrou "a forza do PPdeG". "Ensinamos músculo, unidade de acción e capacidade. Foi unha triple mensaxe moi importante", indicou Rueda Valenzuela, para quen este logro demostra que "é posible o soño" dunha terceira maioría absoluta, que lles dea aos galegos "a estabilidade que precisan en tempos nos que iso constitúe unha excepcionalidade".

Ademais, considera que este mitin servirá como impulso e como combustible para alimentar a maquinaria da campaña. Unha carreira ata o 25 de setembro que a el este domingo o levou ata a romaxe dos Milagres de Amil acompañado pola presidenta do Congreso, Ana Pastor; a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro; y o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. 

Tamén pola mañá, dous dos seus compañeiros de candidatura por Pontevedra, Lupe Murillo (5) e Jacobo Moreira (18), visitaron o mercado de antigüidades da rúa Serra e repartiron publicidade electoral. 

Arquivado en