O presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, participou este martes en Pontevedra nun almorzo informativo no que fixo balance da xestión de goberno galego nos últimos anos, prestando especial atención aos investimentos destinados á cidade do Lérez.
Rueda destacou o compromiso que para el significa falar na súa cidade diante de "gente que me conoce más que en otros sitios", chanceando coa "enorme responsabilidad" que supón o feito de que a súa muller tamén estivese entre o público.
Ao longo da súa intervención, nun ateigado salón de actos do Hotel Galicia Palace, o candidato do Partido Popular incidiu que "yo necesito una mayoría, no me vale otra cosa para hacer todo lo que necesito" e advertiu de que "no me gustaría que Galicia se convierta en lo que pasa en otras partes de España", e citou o exemplo de Cataluña.
Nun discurso cargado de cifras, Alfonso Rueda comparou os logros dos populares dos seus case 16 anos no Executivo Autonómico co goberno bipartito PSOE-BNG que presidiu Emilio Pérez Touriño entre o ano 2005 e o 2009. Por exemplo, asegurou que "hay un ahorro en el IRPF de 483 euros por las rebajas que ha ido haciendo la Xunta en los tramos autonómicos" ou as melloras en dependencia onde "se ayuda cuatro veces más que en el año 2009".
Rueda tamén puxo en valor outras medidas postas en marcha polo PP desde a Xunta de Galicia como as vantaxes no transporte público para os menores de 21 anos e para os maiores de 65, ou os "2.000 euros por familia en la educación infantil" e explicou a súa proposta para que os estudantes da educación pública que aproben todas as materias cada ano teñan as matrículas gratuítas en todos os niveis ata a universidade.
E aínda que dixo que "no voy a hablar mal del resto" Rueda non deixou pasar por alto as visitas a Galicia do presidente do Goberno central Pedro Sánchez con promesas como a construción dunha fragata para Navantia ou a rede de moi alta tensión eléctrica para Stellantis. "Ojalá sea verdad", comentou Rueda, "benditas elecciones", ironizou.
De novo en clave local, o candidato do PP subliñou o avance que supoñerá para Pontevedra o Gran Montecelo, e aludiu a compromisos de cara ao futuro como a dragaxe da ría aínda que lembrou "la autorización no depende de nosotros" senón que é o Estado quen debe permitir o punto de vertedura dos lodos. "Espero que el año que viene tengamos autorización", manifestou.
Rueda tamén se referiu á "magnífica idea" de destinar o Hospital Provincial a residencia universitaria e así permitir "que los estudiantes vengan a la ciudad y tengan a su disposición una alternativa de calidad".
Tamén criticou que a Boa Vila non sexa un municipio xerador de postos de traballo, unha circunstancia que xustifica porque "se crea empleo donde se encuentran las máximas facilidades" algo que, ao seu xuízo, non ocorre en Pontevedra para o que puxo o exemplo das fábricas de Elnosa e de Ence. "Me alegro de que la Justicia permitiera que se consolide" dixo respecto á pasteira de Lourizán "el ambiente que se creó con el caso de Ence y lo ocurrido con Elnosa son algo que Pontevedra no se pueden permitir", apuntou.
Fronte a esta actitude do concello da capital, Alfonso Rueda presentou a intención da Xunta de crear máis chan industrial en Pontevedra e tamén fixo alusión a outros proxectos para a cidade como a recuperación da Finca de Lourizán ou a rehabilitación do convento de Santa Clara cunha "aportacvión inicial" de 6 millóns de euros por parte da Xunta, unha colaboración institucional que lle gustaría que se repetise coa antiga sede de Facenda na praza da Ferrería que propón que se destine a biblioteca pública.
Por último, a intervención do candidato do PP á Presidencia da Xunta expuxo as súas propostas para fomentar o emprego ou combater a caída demográfica coa estratexia Retorna para traer a Galicia a cidadáns de orixe galega yde incentivar a construción de vivenda pública que, no caso concreto da cidade, lembrou que se puxo a dispor do Concello por parte da Xunta dunha parcela en Valdecorvos co obxectivo de facer 55 vivendas "que sigue durmiendo el sueño de los justos". Unha situación que se repite no barrio de Monte Porreiro e #ante a que Roda mostrouse tallante: "Si ellos no quieren hacerlo o no son capaces, que nos den los terrenos y las hará la Xunta".