Rueda, con Feijóo en Vilagarcía e Portas: "O PP aspira a bater récord por arriba e o PSOE a facelo por abaixo"

Umia
18 de setembro 2016

O PP e o PSdeG-PSOE coincidiron este domingo con actos simultáneos en dous puntos de Vilagarcía. Rueda referiuse á presenza do secretario xeral dos socialistas, Pedro Sánchez, "o home do non" e sinalou que "está intentando levar ao PSOE de Galicia aos seus peores resultados da súa historia, como xa fixo en España"

Mitin de Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo no Salón García de Vilagarcía
Mitin de Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo no Salón García de Vilagarcía / PP de Ponteveda / Twitter

O presidente do PPdeG e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; e a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, déronse cita este domingo en Vilagarcía co respaldo dunhas enquisas en varios medios de comunicación que lle dan unha previsible maioría absoluta o próximo 25 de setembro, pero sen querer confiar en que todo está feito, pois as únicas sondaxes válidas son as das urnas

Na súa intervención, Rueda chamou aos 'populares' a non confiarse, pois "é un todos contra Feijóo, e se nos confiamos xa sabemos o que nos espera". Na opinión do líder do PP en Pontevedra, as enquisas deixaron clara unha cousa, que "o PP aspira a bater un récord por arriba, que é lograr unha terceira maioría absoluta, mentres que o PSOE aspira a facelo por abaixo, cos seus peores resultados".

O PP e o PSdeG-PSOE coincidiron este domingo con actos simultáneos en dous puntos de Vilagarcía. Rueda referiuse á presenza do secretario xeral dos socialistas, Pedro Sánchez, "o home do non" e sinalou que "está intentando levar ao PSOE de Galicia aos seus peores resultados da súa historia, como xa fixo en España". 

"Hoxe o temos en Vilagarcía encomiándose á súa patroa, Santa Rita, que avoga polos imposibles e polas causas perdidas", sinalou Rueda, que tamén participou con Feijóo nun mitin en Portas no que lembrou que "o obxectivo de PP é gañar, e dos demais intentar parar ao Partido Popular na carreira".

Arquivado en