Rivera, en Pontevedra: Ciudadanos ofrece un cambio "sensato"; Podemos "y sus marcas" un cambio "a peor"

Pontevedra
16 de setembro 2016

Foi unha visita fugaz a Pontevedra. Albert Rivera estivo este venres na cidade do Lérez, aínda que apenas se deixou ver entre os pontevedreses. Acudía a un acto electoral que o seu partido, Ciudadanos, organizara no hotel Galicia Palace, un espazo que quedou pequeno para acoller ao máis de centenar de persoas que arrouparon ao líder da formación laranxa

Acto electoral da campaña do 25-S con Albert Rivera en Pontevedra
Acto electoral da campaña do 25-S con Albert Rivera en Pontevedra / Mónica Patxot

Foi unha visita fugaz a Pontevedra. Albert Rivera estivo este venres na cidade do Lérez, aínda que apenas se deixou ver entre os pontevedreses. Acudía a un acto electoral que o seu partido, Ciudadanos, organizara no hotel Galicia Palace, un espazo que quedou pequeno para acoller ao máis de centenar de persoas que arrouparon ao líder da formación laranxa. 

Desde a súa tribuna, Rivera aproveitou para pedir o respaldo de todos os galegos ao cambio "sensato" que ofrece o seu partido para Galicia, fronte ao cambio "a peor" que abanderan Podemos "y sus marcas", e asegurou que se Ciudadanos accede ao Parlamento galego e resulta ser "decisivo" tras o 25-S "habrá gobierno".

O líder de Ciudadanos reiterou que o seu partido é, á vez, garantía de "cambio y reformas" e, á vez, de "estabilidad" en Galicia, e sinalou que esixirá "condiciones" a Núñez Feijóo para apoiar a súa posible investidura, no caso de que os populares non revaliden a maioría absoluta nas urnas. "No veo salida más allá de colaborar para que haya gobierno", dixo.

"Si no hay una mayoría absoluta del PP y Ciudadanos no es decisivo, va a ser muy complicado llegar a acuerdos", dixo Rivera, que alertou da posibilidade de que se reproduza en Galicia o "bloqueo" nacional ante a "amalgama" de partidos que forma En Marea, aos que "les cuesta incluso ponerse de acuerdo entre ellos".

Neste sentido, esixiu aos socialistas galegos que se sumen aos partidos "moderados y constitucionalistas" ou, en caso contrario, aclaren aos seus votantes se pactarán con En Marea e co BNG, formación nacionalista que aposta por unha Facenda propia para Galicia "rompiendo la unidad de España", unha proposta que cualificou como unha "mala copia" de Artur Mas.

Rivera adiantou que un posible apoio ao PP en Galicia tería que vir acompañado "irrenunciablemente", entre outras cousas, da aprobación dun pacto anticorrupción similar ao asinado a nivel nacional porque "no queremos que gobierne Podemos pero tampoco que el señor Baltar siga en la Diputación de Ourense".

Aínda que recoñeceu que entrar na cámara autonómica é un "reto difícil" pola gran cantidade de partidos "que compiten" e o "alto" teito electoral, o líder de Ciudadanos pediu a aqueles que lles votaron o pasado 26-X "que confíen de nuevo en nosotros", xa que se repiten ese 9% de votos "tendremos grupo parlamentario y seremos la llave del gobierno".

No acto que Rivera protagonizou en Pontevedra, interveu o vicepresidente do Congreso, Ignacio Prendes, que destacou que Ciudadanos é o "único" partido que chega "con la mochila libre de ataduras" e afirmou que o partido "no va a ser testimonial" en Galicia, ao ofrecer o cambio "moderado y sensato" que necesitan os galegos.

Tamén falou a candidata á presidencia da Xunta, Cristina Losada, que sinalou que se Ciudadanos entra no parlamento autonómico tras o 25-S será unha "garantía" para que se impulsen os cambios que Galicia necesita para ser unha "tierra de oportunidades".

Arquivado en