O 12 de xaneiro de 2024, un amplo dispositivo das policías Local e Nacional de Pontevedradesprazouse até a praza da Ferrería para actuar ante un incidente entre dous homes que se encerellaron nunha pelexa. Estes dous homes asiduos a esta praza discutiron e un tentou afogar ao outro. Un levaba un pau de madeira.
O incidente resultou ser todo un adianto da polémica que marcou o ano 2024 a nivel policial na cidade: as denuncias por falta de seguridade na Ferrería, as galerías Oliva, Augusto García Sánchez (Campolongo) ou a contorna da Peregrina.
Durante os primeiros meses do ano, incidentes como ese sucedéronse nas zonas citadas e veciños e comerciantes empezaron a denunciar problemas de seguridade dos que se fixeron eco os partidos da oposición.
Finalmente, en marzo, o tema converteuse en eixo central da Xunta Local de Seguridade de Pontevedra, unha reunión técnica entre o Concello, a Subdelegación do Goberno e as Forzas e Corpos de Seguridade na que, tras aborda a situación, acordouse, como solución, maior presenza policial nas zonas afectadas e maior coordinación entre as policías Local e Nacional.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recoñeceu que están "preocupados" pola situación e "comprenden" o malestar e intranquilidade de veciños e comerciantes ante a percepción de que existe un incremento da inseguridade nestas tres zonas.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, indicaba en marzo que entre 2023 e o tres primeiros meses de 2024, na contorna da Ferrería e en Augusto García Sánchez rexistráronse 75 actuacións que deron lugar á apertura de expedientes policiais, aínda que tan só hai denuncias por 20 deses incidentes.
A percepción social e veciñal de falta de seguridade levou aos veciños a adoptar medidas. Así por exemplo, comerciantes e veciños das galerías Oliva recogieronn firmas pedindo solucións a roubos, sucidade e falta de seguridade.
Tamén foi rechamante a decisión da comunidade de propietarios do número 6 da céntrica rúa Castelao, que instalou unha varanda metálica de protección xunto ao acceso ao inmoble como medida para preservar a zona dunha persoa sen fogar que habitualmente utilizaba este espazo para pasar a noite.
Un dos puntos máis conflitivos resulta Campolongo, onde, co paso dos meses, os veciños acabaron perdendo a paciencia e demostraron falta de confianza nesas medidas de maior reforzo policial.
Así, a finais do verán, estalaron. "Que ten que ocorrer para que as autoridades se tomen este asunto en serio? De verdade que van permanecer de brazos cruzados sen facer nada para solucionalo? ", preguntábase unha veciña da rúa Augusto García Sánchez en conversación con este xornal.
Tampouco ao PP lle resultou satisfactoria a resposta policial e gobernamental e durante todo o ano acabou facendo deste asunto unha das súas denuncias recorrentes. Durante meses, responsables do partido mantiveron encontros con comerciantes e residentes nas zonas afectadas e denunciaron a inacción do goberno local.
Estes problemas de convivencia e inseguridade prolongáronse até final de ano. De feito, en decembro, comercianes da contorna da Peregrina insistiron na súa preocupación polos roubos e a inseguridade, que aseguran que non teñen precedentes na cidade: "Nunca pasara isto".
BOLARDOS DA DISCORDIA
Tamén relacionada coa seguridade está outra das polémicas que marcaron a actualidade municipal en 2024, a instalación en abril de tres bolardos extraíbles instalados na rúa Peregrina de Pontevedra.
Foi unha decisión do Concello para atallar o paso dos camións de repartición polo tramo peonil da rúa Peregrina, entre a 'Fonte dos Nenos' da glorieta de Compostela e Daniel da Sota ou García Camba.
Non tardaron en sucederse as críticas, que chegaron desde varios sindicatos policiais como CEP ou SUP, bombeiros, servizos de emerxencias e os dous partidos da oposición, PSOE e PP.
O sindicato SUP chegou a manifestarseno lugar no que se instalaron eses bolardos ao berro de "Menos bolardos, máis policía", a petición do sindicato SUP ante o "desprezo" do goberno local cos bolardos