O Ministerio de Cultura recoñece a acción de fomento da lectura de PontevedraViva Radio

Pontevedra
30 de decembro 2024

Os podcast de recreacións sonoras de libros e entrevistas con autoras e autores foron seleccionados na convocatoria de axudas para Promoción da Lectura e as Letras Españolas 2024

Autoras e autores que estiveron no 'Cara a cara' durante 2024
Autoras e autores que estiveron no 'Cara a cara' durante 2024 / PontevedraViva

Os podcast 'Cara a cara' que se ocupan de divulgar a escritoras e escritores, e dar a coñecer as súas publicacións recibiron este 2024 unha excelente noticia.

Estes programas foron seleccionados na convocatoria de axudas para Promoción da Lectura e as Letras Españolas 2024 que convoca o Ministerio de Cultura.

En total foron admitidos 430 proxectos presentados. Entre todos estes, finalmente obtiveron unha colaboración económica do Goberno ata 75 Concellos, 101 institucións e 82 empresas de diversos sectores, entre as que incluíu a Virtual Vedra Comunicación.

Os parámetros de valoración tiveron en conta a relevancia e interese da proposta na lectura e as letras, a orixinalidade da iniciativa, o impacto en diferentes grupos sociais, as sinerxias que se crean con outros axentes vinculados ás letras e a lectura, o alcance que ten entre a poboación, así como as linguas en que se difunde.

Os libros sempre estiveron presentes no podcast 'Cara a cara', dando cabida a autoras e autores noveis ou consolidados. Con títulos dirixidos a todo tipo de público lector, apoiados por unha editora ou autoeditados e sobre todo tipo de temática e xénero literario.

Neste 2024 transcorrido charlamos con escritoras e escritores locais como David Rodríguez, David Gago, Xacobe Medina, Víctor Efrén Castro, Ana Carbajales, Fernando Salgado, Xulio Teixeira ou a xornalista de ascendencia pontevedresa María Antonia Quesada.

Tamén nos falaron das súas últimas publicacións autores e autoras do resto de Galicia como Yolanda Castaño, Carlos Risco, Ángela Banzas, Darío Villanueva, Defreds, Luis García Rey ou Miguel Lago.

Nomes que na escritura tamén forman xa parte dos 'Cara a cara' como Cristina López Barrio, Benito Olmo, Rosario Raro, Carme Chaparro, Henar Álvarez, Carmen Romero, Manuel Vilas, Carmen Amoraga, Paloma Sánchez Garnica, Carmen Mola, Carmen Pouadas, Santiago Díaz ou Dolores Redondo coa que pechamos este exercicio tan repleto de letras e que terán continuidade este 2025.