Rajoy pide dende Vilagarcía o apoio para Alfonso Rueda

O Salnés
09 de febreiro 2024

O expresidente do goberno, Mariano Rajoy, protagonizou este venres un paseo por Vilagarcía para solicitar o apoio para Alfonso Rueda nas eleccións do 18 de febreiro  

Paseo electoral de Mariano Rajoy en Vilagarcía
Paseo electoral de Mariano Rajoy en Vilagarcía

O expresidente do goberno, Mariano Rajoy, protagonizou este venres un paseo por Vilagarcía para solicitar o apoio para Alfonso Rueda nas eleccións do 18 de febreiro.

Acompañado pola Secretaria Xeral do PP de Galicia, Paula Prado, o Presidente Provincial, Luís López, a Secretaria Provincial, Luísa Piñeiro, o candidato vilagarcián, Raúl Santamaría, a voceira local, Ana Granja, e os concelleiros populares de Vilagarcía, Rajoy visitou diferentes rúas e negocios do municipio para poñer en valor a importancia das medidas do goberno de Alfonso Rueda e do PP de Galicia á fronte da Xunta para impulsar e apoiar os negocios de proximidade.

Neste sentido, o candidato vilagarcián Raúl Santamaría destacou que "iniciativas como o bono activa comercio, que mobilizou preto de 12 millóns de euros, ou o bono deporte, entre outras iniciativas, axudaron a dinamizar os establecementos de proximidade", engandindo que "esta é a liña na que queremos seguir, ampliando estas axudas con outras novidades como o bono actívate, destinado aos maiores de 65 anos".

Ao longo do paseo foron moitas as persoas que se pararon a saudar a Mariano Rajoy, mostrándolle o seu cariño e admiración.

Arquivado en