O expresidente do Goberno e presidente de honra do Partido Popular, Mariano Rajoy participou este sábado en Pontevedra nun acto electoral para apoiar o candidato a alcalde da cidade, Rafa Domínguez.
Rajoy chegou á praza de España ao oito menos cuarto da tarde e tardou en completar o paseo ata a praza da Estrela debido á gran cantidade de persoa que se pararon con el para facerse unha foto con el ou para dicirlle algo.
Sen dúbida unha experiencia máis gratificante que aqueloutro paseo de decembro de 2015 no que o expresidente do Goberno fóra agredido. Para evitar que se repetise unha acción violenta un amplo equipo de seguridade estivo ben atento durante todo o paseo.
O único incidente produciuse ao chegar á praza da Estrela onde a Policía tivo que actuar para frear a un grupo de indixentes, habituais desta contorna da Praza da Ferrería, que se puxo a vociferar.
Ademais do propio alcaldable, Rafa Domínguez Mariano Rajoy estivo acompañado pola secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado; a deputada Ana Pastor e por outros membros da candidatura pontevedresa.
Durante o acto electoral, a número dous da candidatura do PP en Pontevedra, Pepa Pardo, asegurou que as urnas propiciarán un cambio o próximo 28 de maio e "van a echar del Ayuntamiento a esos sectarios independentistas que nombraron persona non grata a Mariano Rajoy" polo que recomendou aos membros do goberno local "que preparen las maletas, que el 28 de mayo se van a la calle".
Na súa intervención, Rajoy repasou a súa traxectoria como afiliado da agrupación local pontevedresa na que "éramos cinco cuando comenzamos hace más de 40 años". Tamén repasou algunhas anécdotas daquela etapa e engadiu que "ya han pasado muchos años, pero estoy en plena forma. Tengo un gran futuro político por delante. A ver quién dice lo contrario, pues el alcalde de Pontevedra es más viejo que yo, el de Vigo también y el de Santiago también y yo no voy a ser de peor condición", chanceou.
Rajoy pediu o voto para Rafa Domínguez ao que se referiu como un candidato "brillante y profesional" unha "alternativa seria y de verdad" que, segundo vaticinou, "será el alcalde que hará más felices a los pontevedreses" por iso reclamou "apoyo y esfurrzo" porque "esto se va a decidir por muy poquito".
A continuación interveu o candidato Rafa Domínguez que reiterou o seu compromiso de retirar o nomeamento de persoa non grata a Rajoy "cuando yo sea alcalde".
Rafa Domínguez repasou algunhas das propostas do seu programa electoral e recollendo algunha dos temas citados por Rajoy no seu discurso pediu a lores que "públicamente condene que Bildu lleve en sus listas a 44 asesinos con sus manos manchadas de sangre".
Neste acto da Praza dá Estrela recibiron unha insignia de prata de mans de Mariano Rajoy, en recoñecemento á súa colaboración e a súa dedicación ao partido ao longo dos anos, Blanca García Señoráns, Santiago Laya Fernández, Manuel Varela González, Ramón Agulla Bará, José Freire López, José Blas Vázquez Sanmartín, Santiago Acuña Soutullo, Juan Antonio Suárez Martínez, Mayte Villaverde Vidal, Antonio Reguera, Cruz Casal Maquieira y José Benito Suárez Costa.