A segunda xornada de campaña electoral leva aos populares ata Monte Porreiro. Alí, o candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, participou nun mitin na Casa Cultural onde expuxo as súas propostas para o barrio e o seu proxecto para Unha Pontevedra Capital.
Acompañado pola súa número 2, Pepa Pardo, e a súa número 4, Ana Isabel Vázquez, Domínguez puxo de manifesto a súa intención de dotar a Pontevedra dun "transporte digno dunha capital de provincia".
Rafa Domínguez reivindica a "necesidad" de dotar ao barrio de Monte Porreiro dun transporte público urbano "asequible y de calidad". "Es inadmisible que ir en autobús desde Monte Porreiro al centro cueste lo mismo que ir desde Pontevedra a O Porriño", sinalou.
Propón reducir a tarifa, e incrementar a frecuencia horaria para ofrecer un servizo de calidade.
Aposta ademais por sumarse ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia para que os pontevedreses poidan beneficiarse de descontos no bus de ata o 70%, transbordos gratuítos, viaxes gratis para menores de 19 anos ou bonificacións para xubilados, usuarios recorrentes e familias numerosas.
O candidato popular presenta un paquete de medidas a levar a cabo no barrio entre as que se atopa un plan de humanización que permita estender o modelo a esta zona, realizable no primeiros catro anos de mandato, co que se reformarán beirarrúas, ordenaranse zonas verdes e mellorará a iluminación. Neste punto, Domínguez comprometeuse a "ofrecer un mantenimiento óptimo para el barrio y dotarlo así de unas buenas condiciones de limpieza y conservación".
Doutra banda, propón unha actuación no Parque Europa, lugar de reunión de veciños de todas as idades. Aquí instalarase novo mobiliario urbano, ampliarase o parque infantil, melloraranse e incrementarán os puntos de luz, crearase unha cancha deportiva e un campo de petanca e implantaranse aparellos de ximnasia para persoas maiores.
No Parque do Miradoiro, proponse construír unha piscina pública municipal ao aire libre, "la primera de Pontevedra", e mellorarase o espazo con zonas familiares e a reforma da pista de BMX.
Rafaneta na Glorieta de Compostela, visita ao comercio local e cea con mulleres do rural en Lourizán completaron a axenda do candidato popular nesta segunda xornada de campaña electoral.