'Love is in the air', o amor está no ar, xa o dicía John Paul Young, así que nunha data como a do 14 de febreiro non pode faltar a música. Seguro que cada parella ten a súa canción ou as súas cancións, e é posible que a vosa estea entre a amplísima selección que recompilamos en 'A playlist'.
Unha selección musical pensada para todas as idades, para os diferentes gustos musicais e para todo tipo de parellas, porque estamos pola diversidade. Cancións de solistas e de bandas; de reggeatoneros, hiphoperos, indies, rockeiros, poperos, electrónicos, heavys, apegados aos melódicos, aos crooners, aos boleros, onde non se cantou ao amor?.
E que sería dunha data como a de San Valentín sen as icónicas bandas sonoras do cinema. Descoida que tamén incluímos unha selección para quen non se resiste a deixar de compartir uns flocos de millo fronte á pantalla.
Cancións para os milénicos, para a Xeración Z, para os babyboomers, para a Xeración X, para a xeración posguerra... só hai que pulsar na ligazón anexa dePontevedraViva Radioe deixarse levar; incluso quen non crea no amor, tamén ten a súa canción.