RADIO.- Conversas na Ferrería: Os outros tempos que tamén contan para o ITU Pontevedra

Pontevedra
26 de abril 2019

PontevedraViva Radio charla con responsables dun dos alicerces para o óptimo desenvolvemento do ITU World Triathlon Multisport Championships de Pontevedra: o voluntariado

Esther Portela, Óscar Ponte e Miguel Balea nas Conversas na Ferrería
Esther Portela, Óscar Ponte e Miguel Balea nas Conversas na Ferrería / Nacho Fuentes

Polas súas camisetas azuis e as súas chaquetas brancas coñecerédelos. Roldan os 500 e de forma  altrauísta estiveron dando e van seguir ofrecendo o seu tempo ata o catro de maio para que osMundiais de Tríatlonse desenvolval sen incidencias. Previamente a esta semana secuestramos '' das súas intensas xornadas a Miguel Balea, que asume a dirección do voluntariado para este evento deportivo xunto a Teresa Blanco; a  Esther Portela que coordina o ámbito de comunicación e prensa e Óscar Ponte que coordina loxística seguridade na auga e voluntariado.

Miguel é o que atesoura experiencia en diversos eventos que foi albergando Pontevedra.  Anos de currículo tras os que xa fala de necesidade dunha "substitución xeracional" e que "a familia tamén o reclama" engade. Óscar é estudante, presidente do Club Escola de Piragüismo Pontevedra e colabora na iniciativa desde fai catro meses. "Isto quítache moito tempo pero achega a gratificación de vivir en primeira persoa un evento así", di nestas Conversas na Ferrería. A terceira invitada,  Esther, fala de satisfacción e  "unha honra que me deixen participar no Mundial porque me encanta aprender. Ademais, despois de 26 anos fóra de Pontevedra está a permitirme achegarme á cidade e devolverlle o que vivín fóra".

Estas horas e días que medio milleiro de persoas van dedicar ao desenvolvemento dos Campionatos, corresponden a particulares de dentro e fóra da cidade, xa que mesmo os propios deportistas e as súas familias sumáronse ao voluntariado. De igual forma, están a tomar parte institucións e asociacións radicadas en Pontevedra e a súa comarca. A diferenza de anteriores  convovatorias deportivas como foron o Campionato de Europa de Tríatlon en 2011 e o Campionato do Mundo de Dúatlon en 2014, esta vez "non foi necesaria a captación na rúa. A acción das redes sociais ha facilitado en gran medida o traballo", comenta Balea.

Esta dedicación non comporta remuneración económica. En consideración con iso organizáronse rutas e excursións para que poidan coñecer as particularidades da xeografía da comarca; sesións  terapeúticas - como risoterapia - e como colofón un programa de concertos "para celebrar" o evento que se prolongará ata o 4 de maio.