Pontevedra e Madrid son os primeiros consumidores da programación de PontevedraViva Radio

Pontevedra
30 de decembro 2020

Durante este 2019 pasaron polos micrófonos de PontevedraViva Radio nomes propios da cidade e a súa contorna, así como nomes coñecidos de diversos ámbitos. O consumo dos podcast continúa crecendo un ano máis

Algúns dos convidados que pasaron por  PontevedraViva Radio durante 2019
Algúns dos convidados que pasaron por PontevedraViva Radio durante 2019 / PontevedraViva

PontevedraViva Radio pecha o exercicio de 2019 cun satisfactorio balance que se traduce na tendencia de progresivo incremento. O consumo do formato podcast, continúa aumentando, de forma que os usuarios escollen cando e que escoitar entre a programación que se lle ofrece.

As analíticas de seguimento resolven ademais que a primeira procedencia dos seus seguidores é da propia Pontevedra, a segunda é Madrid e sucédenlle as grandes cidades galegas. Outra circunstancia que favoreceu de maneira notable a difusión destes contidos, foi a incorporación dos podcast á plataforma de Ivoox, a través do perfil de PontevedraViva Radio.

Nestes últimos doce meses, programas como A Playlist ou Cara a cara suman nomes sobradamente coñecidos en múltiples disciplinas como os da psicólogaRocío Ramos- Paul, o biólogo e explorador submarino de National Geographic, Manu San Félix, as xornalistas Pepa Bueno ou Gemma Herrero, os directores de cinemaPaula Cons ou Alfonso Zarauza, os actores Luís Zahera e Marcos Pereiro; a artista multidisciplinarAries ou a pianista internacional Isabel Pérez Dobarro.

Xunto a eles están outras e outros pontevedreses, que nos puxeron ao día dos seus proxectos ou experiencias: Gabriel Peso, Adrián Solla, Angel Paz, Ketty Fresneda, JJ M Veiga, Miguel Filgueira, Sara Suárez, etc...

Nas charlas das Conversas na Ferrería estivemos pegados a contidos de actualidade, a cidadáns que compartiron os seus proxectos e as súas historias - e que suscitaron sobresaliente interese - como as xeracións de mulleres que deron e seguen dando nome ao Umia CF Feminino; ou ao proxecto musical dos mozos de MKP Crew. Seguen suscitando interese e seguimento os faladoiros taurinos que cada agosto achegamos aos afeccionados; e igualmente foi un ano no que un bo número de escolares coñeceron a radio en primeira persoa a través deste medio.

A música é outro elemento que non se descoida. O streaming segue sendo altofalante para os artistas e bandas locais e estreamos programas como, Apuntes de jazz, que conta con fieis seguidores. Falando de estreas, Podcans, - o podcast dedicado a coñecer mellor aos cans -, reflicte satisfactorios resultados. 

Os programas de PontevedraViva Radioseguirán crecendo en 2020, atendendo a diversos contidos temáticos polos que as audiencias estás a manifestar o seu interese. Así que, ben a través do streaming, ou dos podcast, seguimos entreténdoche e acompoñándote.