Pontevedra desborda na derradeira xornada do Mundial de Tríatlon

Pontevedra
05 de maio 2019

Ademais das probas dos competidores elite, tamén se desarrollaron as correspondentes a grupos de idade en longa distancia e aquabike

Segunda xornada do ITU Multisport coas probas de distancia júnior e paraduatlón
Segunda xornada do ITU Multisport coas probas de distancia júnior e paraduatlón / Xan Xiadas

A última xornada do Mundial de Tríatlon de Pontevedra caracterizouse polo ambiente inmellorable nas rúas da cidade. Multitude de persoas acudiron este sábado para presenciar as probas correspondentes, xa non só con longa distancia de categoría elite, senón tamén os grupos de idade e aquabike. Tanto na bancada do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, como ao longo do traxecto das diferentes carreiras, non cesaron os aplausos e ovacións aos atletas.

Durante o desenvolvemento da competición elite, que comezou á primeira hora da mañá (8:00), tiveron lugar tamén as outras dúas probas. Un españois fíxose co ouro en Aquabike. David Guimera destacou na carreira atletas entre 25 e 29 anos. Pola súa banda, Anxo Santamaría, subiuse ao segundo banzo do podio do grupo 70-74 anos e Josep Tatche en 45-49.

Por outra banda, en longa distancia, Xabier Tijero colgouse a prata ao pescozo no grupo 25-29 anos e Fernando Santander en 30-34, entre outros. No equipo feminino, Vanesa Villar proclamouse campioa do Mundo en 35-39 anos, mentres que Eva Valero chegou terceira á liña de meta na proba de 45-49.

A mellor maneira de poñer punto e final a unha semana de competición en Pontevedra. A cidade desbordando deportividade polos catro custados.

Consulta os resultados das probas de longa distancia e aquabike.