Os veciños de Poio contarán con transporte gratuíto o domingo 18 de febreiro para exercer o seu dereito a voto nas mesas electorais do CEIP de Chancelas.
Así o anunciou este domingo o Concello de Poio, confirmando un servizo que se une ao xa previsto no colexio Isidora Riestra.
En concreto, habilitarase un microbús que sairá ás 11.00 e 17.00 horas desde a Praza da Chousa para facilitar o traslado de ida e volta aos veciños do centro de Combarro ata o colexio.
Con esta medida búscase axudar os veciños do centro histórico de Combarro e a súa contorna que teñen dificultade para trasladarse ata Chancelas, ao non existir ademais un roteiro seguro a pé para chegar ata o lugar das votacións.
En canto aos roteiros ao CEIP Isidora Riestra, a primeira delas partirá ás 11.00 e 17.00 horas desde A Capela da Escusa facendo paradas en Riomouro, cruzamento da Escusa, Vilariño, Sartal e Convento. Pola súa banda a segunda, ás mesmas horas, sairá da parada de autobús de Vilar, con paradas na Praza de Esperón, Pereiro de Arriba, Pereiro Abaixo e Casalvito.