"No, es no. No cedas", díxolle a Pedro Sánchez o portavoz do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Agustín Fernández, en referencia á súa negativa para investir a Rajoy como presidente. "En Pontevedra estamos contigo". Así comezaba o mitin que os socialistas celebraron este venres en Pontevedra, o último acto na provincia na campaña electoral do 25-S.
Nun Teatro Principal abarrotado por centos de persoas que, desde unha media hora antes, esperaban a chegada de Pedro Sánchez, o secretario xeral do PSOE pediu o voto para o seu candidato á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, para poder así "sacarle la tarjeta roja" a Alberto Núñez Feijóo e a Mariano Rajoy.
E é que está en xogo quen gobernará en Galicia tras as eleccións do domingo pero Sánchez tivo moi presente na súa intervención a situación de bloqueo político que existe en España. Desde Pontevedra volveu a pedir a Podemos e Cidadáns que "levanten sus vetos cruzados" e apoien ao PSOE á fronte dun goberno "regeneracionista".
"El PSOE quiere un gobierno ya, de forma urgente, pero no uno cualquiera, sino un gobierno limpio de corrupción, un gobierno dialogante que no confunda mayoría con absolutismo, un gobierno con un marcado acento social y un gobierno creíble porque ha habido muchas mentiras en los últimos años", explicou Pedro Sánchez.
O líder do PSOE insistiu en que "seremos coherentes con la palabra dada" e mantivo que seguirán opoñéndose a un posible goberno do PP en España.
"Lo duro es ver a Pablo Iglesias votar con Rajoy en contra de un gobierno progresista", afirmou, lamentando que se non fose así "hoy estaríamos gobernando" e cuestións como a LOMCE, a reforma laboral, o copago farmacéutico ou a lei mordaza "serían historia". A sanidade e a educación libraríanse, engadiu, "del cartel de se vende que les puso el PP".
Sánchez ironizou co feito de que Núñez Feijóo "se presente como el que va a luchar contra la corrupción" cando non esixiu a dimisión de Rajoy polos SMS a Luís Bárcenas "porque él tenía fotos con un narcotraficante". É un dos "silencios estruendosos" que aprecia no PP e que demostran a "connivencia" de Rajoy coa corrupción e o financiamento irregular do seu partido.
Así, Pedro Sánchez, antes de dar paso a Fernández Leiceaga, animou aos votantes socialistas ao asegurar que "el cambio es posible y la victoria es posible. Si todos los socialistas vamos a votar el domingo, Feijóo pasará a ser un mal recuerdo en Galicia".
Pola súa banda, o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta lembrou que Galicia "xógase moito" o 25-S, xa que os galegos "temos que decidir ou país que queremos" e se a Xunta emprende un "camiño de continuidade ou de cambio", xa que cada voto será "decisivo" e os que decidan non votar "serán responsables de que teñamos unha Galicia peor no futuro".
Leiceaga destacou que o domingo Galicia "ten a oportunidade de decirlle adeus a un presidente indolente, que ten abdicado das súas responsabilidades e que só pensa en si mesmo, un presidente afastado da rúa e dos problemas dos galegos e e que só pensa en medrar políticamente".
Na súa intervención sinalou que o proxecto socialista "pasa por esbozar un camiño ben diferente" e que pretende xerar emprego, reforzar os servizos básicos do Estado de benestar, recuperar os niveis de calidade da sanidade pública ou traballar pola igualdade na educación e na política social.
Así, comprometeuse a levar a cabo un proxecto de impuxo e de renovación, sempre desde o diálogo, porque reiterou que o PSdeG-PSOE "será a garantía do cambio que este país precisa, a garantía do cambio seguro, tranquilo e responsable".