Patricia Vilán propón elaborar un Plan Integral do Deporte Galego despois do 25-S

Pontevedra
11 de setembro 2016

A socialista criticou que en dúas lexislaturas nin siquera se elaborou un Mapa Autonómico de Infraestructuras Deportivas, porque a intención do PP sempre é utilizar as obras deportivas "como moeda para comprar vontades". Ela aposta por rachar con esta situación, pero insiste en que "non o fará mentras o PP siga no poder"

Reparto de propaganda electoral do PSdeG-PSOE en Pontevedra
Reparto de propaganda electoral do PSdeG-PSOE en Pontevedra / PSdeG-PSOE de Pontevedra

O deporte centrou este domingo a campaña do PSdeG-PSOE para o 25 de setembro en Pontevedra. Cargos e militantes socialistas realizaron un reparto de propaganda electoral encabezados pola número 2 da candidatura por Pontevedra, Patricia Vilán, e insistiron en que o resumo da xestión do presidente en funcións, Alberto Núñez Feijóo, e do PP nesta materia pódese sintetizar en "unha absoluta falta de planificación e unha ausencia de inversións".

Vilán criticou que en dúas lexislaturas nin sequera se elaborou un Mapa Autonómico de Infraestructuras Deportivas, porque a intención do PP sempre é utilizar as obras deportivas "como moeda para comprar vontades". Ela aposta por rachar con esta situación, pero insiste en que "non o fará mentras o PP siga no poder".

Fronte á forma de facer política que lle critica ao PP, Vilán indica que os socialistas entenden o deporte como un elemento fundamental para a mellora da calidade de vida dos cidadáns e ve necesario elaborar un Plan Integral do Deporte Galego que defina os obxectivos e estableza as estratexias correspondentes a curto, medio e longo prazo, para o desenvolvemento do deporte galego en todas as súas manifestacións. 

Ao respecto, prometeu que os aocialistas traballarán para establecer mecanismos de coordinación, cooperación e colaboración da Xunta de Galicia cos concellos e, no seu caso, co sector privado, co fin de mellorar a xestión pública do deporte. Respecto disto, indicou que o traballo que se ten feito en Pontevedra debe ser un referente de como o deporte pode servir para inculcar habitos saudabeis e pode xerar actividade económica.

No seu programa préstanlle especial atención ao deporte feminino e para as persoas con discapacidade, pois "aínda hai moito que avanzar en ambos os dous  ámbitos".

Arquivado en