O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo fixo campaña este venres en Pontevedra para apoiar ao candidato á Alcaldía da capital, Rafa Domínguez.
A súa axenda para este venres incluíu acto en Lugo, Ferrol e na Boa Vila onde se limitou a dar un paseo relaxado. "A mí aún no me toca el examen, a mí me tocará después", comentou en referecia ás eleccións xerais que aínda non teñen data, pero, como moi tarde, celebraranse o 10 de decembro de 2023.
Foron as súas únicas declaracións pois o acto era unha convocatoria para xornalistas gráficos.
Feijóo chegou tarde á súa cita con Rafa Domínguez con quen compartiu un café nun espazo habilitado polo PP de Pontevedra para escenificar a apertura ao diálogo coa cidadanía que se comprometen a manter se gobernan no Concello. "Hablamos muy poco pero me dijo que ve las cosas bien en Pontevedra", desvelou o candidato.
Despois desta breve parada, saíron de compras entrando nunha zapatería, unha panadería e unha óptica. Algúns cidadáns pararon a Feijóo pola rúa para saudarlle ou facer unha foto, houbo incluso quen lle aplaudiu.
"Ha sido una alegría" dixo o alcaldable do PP en Pontevedra ao ser preguntado pola visita do líder do seu partido. "Hemos visto que es querido, recordado como presidente de la Xunta y como seguro presidente del Gobierno", dixo Rafa Domínguez.
Pola mañá, en Lugo xunto a Elena Candia, Feijóo pediu que se vote "contra la resignación de aceptar las mentiras de Sánchez y el blanqueamiento de Bildu como socio del Gobierno" e situou a Galicia como exemplo de que "otra política es posible", segundo dixo "gobernando para todos, bajando impuestos, mejorando los servicios públicos, reduciendo el IRPF, garantizando la gratuidad de las escuelas infantiles de 0 a 3 años y con una política lingüística basada en la cordialidad".