Pablo Casado contrapón a "centralidad y moderación" de Feijóo coa "radicalidad" do resto de candidatos

Pontevedra
21 de setembro 2016

Pablo Casado apela desde Pontevedra á "socialdemocracia moderada" de fronte ao Comité Federal do PSOE 1 de outubro

Pablo Casado nun encontro con emprendedores en AJE Pontevedra
Pablo Casado nun encontro con emprendedores en AJE Pontevedra / Mónica Patxot

A noticia da convocatoria do Comité Federal do PSOE para o próximo 1 de outubro para definir a súa postura para evitar a convocatoria de novas eleccións, sorprendía en Pontevedra ao vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado.

O dirixente popular aproveitou para criticar a "actitud de bloqueo y negativa" por parte dos socialistas "a cualquier salida para evitar terceras elecciones", e por iso, apelou á "socialdemocracia moderada", para que o partido que dirixe Pedro Sánchez se absteña, pedíndolle "el desbloqueo y que ejerzan la oposición".

Casado destacou que o Partido Popular xunto aos seus socios europeos puido pactar en 15 países coa socialdemocracia, "eso no tiene por qué no poder suceder en España". Por iso, desde Pontevedra, instou aos socialistas a que "se den cuenta de que si quieren liderar la oposición, se necesita gobierno".

Pero Pablo Casado tamén se referiu ás eleccións galegas en cuxa campaña está a participar activamente. O vicesecretario de Comunicación do PP chamou aos galegos para "movilizarse" o vindeiro domingo para "ir a votar" e "pelear hasta el final" porque a pesar de que as enquisas "son buenas", avisou de "no confiarse".

Nun acto con emprendedores na sede de Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Casado contrapuxo a "centralidade e moderación" do candidato popular á reelección na presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo "que gusta en Galicia y gusta fuera", fronte á "radicalidad" dos demais partidos que "ya recoconocieron que van a pactar", polo que concluíu que "non hay alternativa" ao PP.

Arquivado en