Os socialistas divulgan a súa receita para "sacar á sanidade galega da UCI"

Pontevedra
05 de febreiro 2024

Sobre a "preocupante" situación sanitaria que atravesa Galicia centrou este luns o PSdeG-PSOE o seu acto de campaña en Pontevedra. Foi no transcurso dunha mesa redonda na Casa das Campás, organizada para divulgar a súa receita para "sacar á sanidade galega da UCI"

Debate sobre sanidade en Pontevedra co ex ministro José Miñones
Debate sobre sanidade en Pontevedra co ex ministro José Miñones / PSdeG-PSOE de Pontevedra

Sobre a "preocupante" situación sanitaria que atravesa Galicia centrou este luns o PSdeG-PSOE o seu acto de campaña en Pontevedra. Foi no transcurso dunha mesa redonda na Casa das Campás, organizada para divulgar a súa receita para "sacar á sanidade galega da UCI".

Neste coloquio, o ex ministro de Sanidade, José Miñones, explicou que o plan de choque que propoñen os socialistas galegas pasa, en primeiro lugar, pola recuperación da Atención Primaria.

Defendeu tamén unha "aposta decidida" polo persoal sanitario, a posta en marcha dun plan de atención á saúde mental e o impulso da prevención e promoción dos hábitos saudables.

Miñones lamentou que a "fotografía da saúde galega" reflicte maiores listas de agarda en Atención Primaria e para os especialistas, falta de médicos en case todas as áreas de saúde e unha menor porcentaxe de cirurxías ambulatorias,.

"Hai poñer sobre a mesa solucións urxentes para non seguir á cola no gasto en sanidade. Queremos pasar da política do recorte sanitario á da inversión en saúde", sinalou o ex ministro, incrementando o orzamento "para atender un servizo público que é o piar das nosas políticas".

A candidata número 3 por Pontevedra, Paloma Castro, denunciou pola súa banda a "insostible situación" que padece o sistema sanitario galego, "sumido na maior crise da sanidade pública nos últimos 20 anos".

Hai, asegurou, unhas 200.000 persoas agardando por unha primeira consulta hospitalaria, centros de saúde pechados, nenos e nenas sen pediatras, falla de profesionais e de especialistas en saúde mental e contratacións precarias e eventuais.

"A Atención Primaria debe volver converterse na columna vertebral do noso sistema sanitario e a presidencia de José Ramón Gómez Besteiro fará posible que a cidadanía sexa atendida nun máximo de 48 horas polo seu médico de familia", subliñou Castro.

Nesta mesa redonda participou tamén David Ferreira, médico de familia no ambulatorio de Vilagarcía de Arousa e moi vencellado ao 061 e á Atención Primaria nos seus 20 anos de carreira.

Destacou que durante esta última década de goberno do PP na Xunta "fun testemuña real do deterioro progresivo e imparable, ano tras ano, que sofreu a Atención Primaria en Galicia", desembocando no "momento absolutamente crítico que a sanidade pública está a padecer".

Todo iso fai que os médicos de familia "soportamos unhas vergonzosas listas de agarda" e, por outro lado, unha sobrecarga asistencial diaria de pacientes, "chea de burocracia, interminable, que xera aos profesionais un estrés dificilmente asumible e con consecuencias imprevisibles".

Arquivado en