Os socialistas apostan por recuperar a gratuidade dos libros de texto conseguida polo goberno de Touriño

Pontevedra
12 de setembro 2016

Para os socialistas, Feijóo foi o "precursor avantaxado do nefasto ministro Wert"

Patricia Vilán reparte propaganda socialista no Campus de Pontevedra
Patricia Vilán reparte propaganda socialista no Campus de Pontevedra / Cristina Saiz

"Feijóo ostenta a dubidosa honra de ser quen iniciou en este país os grandes recortes na educación pública. Recordemos que o seu primer paso como presidente da Xunta foi eliminar a gratuidade dos libros de texto conseguida polo goberno socialista de Touriño. A continuación viñeron os grandes recortes no orzamento educativo e a supresión de preto de 3.000 prazas de docentes no ensino público", afirmou este luns a candidata socialista Patricia Vilán.

Para os socialistas, Feijóo foi o "precursor avantaxado do nefasto ministro Wert". 

Nun acto de reparto de propaganda electoral entre o alumnado universitario do campus de Pontevedra, Patricia Vilán anunciou que se acadan o goberno da Xunta os socialistas recuperarán os niveis de inversión e recursos recortados por Feijóo, "implementaremos unha axenda de urxencia que permita paralizar os efectos perniciosos da LOMCE e elaboraremos un Libro Branco do Sistema Educativo Galego, realizado por expertos independentes do goberno, que sirva de base para un gran proceso de participación democrática e debate da sociedade galega, nomeadamente da comunidade educativa, que remate nunha Lei Galega de Educación". 

Respecto das ensinanzas artísticas superiores e, concretamente, da Escola de Restauración de Pontevedra, "promoveremos a súa incorporación ao sistema universitario a través dun período de adscripción, que virá acompañado do necesario plan de financiamento".

Arquivado en