"Feijóo propiciou nestes anos coa súa xestión e a desculpa da crise, o maior ataque da historia contra a sanidade pública galega, que non só non medrou neste tempo, senón que foi gravemente recortada, suprimida, privatizada e perigosamente deteriorada". Con esta contundencia expresouse este luns Patricia Vilán, candidata do PSdeG-PSOE ao Parlamento de Galicia.
A candidata socialista sinalou a Feijoo coma "culpable directo" da paralización do proxecto de ampliación de Montecelo e da "ocurrencia" de construir un "hospital privado" en Monte Carrasco. E criticou o anuncio "en plena precampaña" de que se retomará o proxecto socialista de ampliación do Hospital Montecelo.
Diante desta situación Patricia Vilán asegurou que os socialistas excluirán mediante unha lei do Parlamento de Galicia, o uso dos modelos de Contratos de Colaboración Público-Privada e Concesión de Obra Pública e de Servizos do financiamento de infraestruturas sanitarias públicas e que reverterá, con diferentes niveis de prioridades, os diferentes servizos sanitarios e infraestruturas en réxime de concesión, colaboración público-privada ou obxecto de diálogo competitivo.
Ademáis promete o PSdeG que se chega ao gobernó promoverán o financiamento finalista da sanidade pública e impulsarán un acordo social pola mellora e sustentabilidad do Sistema Público de Saúde de Galicia para garantir tanto a súa calidade como a sustentabilidad a medio e longo prazo.