Os primeiros gastos veterinarios dos que adopten mascotas serán gratis, anuncia Rueda

Pontevedra
09 de febreiro 2024

Facilitar a adopción de animais ofrecendo gratis as primeiras vacinas e a implantación do microchip é o compromiso que adoptou este venres o candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, tras visitar unha clínica veterinaria  

Visita de Alfonso Rueda a unha clínica veterinaria
Visita de Alfonso Rueda a unha clínica veterinaria / Partido Popular de Galicia

Facilitar a adopción de animais ofrecendo gratis as primeiras vacinas e a implantación do microchip é o compromiso que adoptou este venres o candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, tras visitar unha clínica veterinaria.

"Os galegos queren ter animais e queren coidalos e atendelos nas mellores condicións", afirmou Rueda, que aposta porque a administración galega ofreza maiores facilidades a quen teña un animal de compañía na casa, xa un de cada tres cidadáns en Galicia.

O programa electoral dos populares nesta materia inclúe tamén a posta en marcha dun centro autonómico de acollida de mascotas ou a creación de parques caninos en concellos de máis de 20.000 habitantes, que se sumarían aos xa anunciados nas sete cidades galegas

O candidato do PP asegurou que "queremos seguir traballando para estender entre os galegos o bo hábito de ter unha mascota e, ao mesmo tempo, apoiar e aprender a todos os profesionais que garanten o benestar destes animais".

Salientou neste sentido que Galicia foi a primeira comunidade en aprobar unha lei de benestar animal que desenvolverá para "darlle seguridade de todo tipo" a quen ten unha mascota e aos profesionais da medicina veterinaria e do comercio de produtos de coidado e alimentación.

Arquivado en