A agrupación municipal do PSOE en Pontevedra retomará o domingo a actividade de campaña electoral co acto de presentación da lista coa que concurrirá ás eleccións á Alcaldía capitalina.
O candidato socialista, Tino Fernández, estará arroupado polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero. O acto terá lugar na Praza de España ás 12.30 horas.
O pasamento do histórico dirixente socialista Alfredo Pérez Rubalcaba conmocionou a campaña política das municipais, anulando os actos previstos en sinal de respecto á figura do que fora ministro nos gobernos de Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero.
Na sede local da rúa Irmáns Nodales dispuxeron un libro de sinaturas para que cualquiera persona interesada puidese expresar o seu pesar polo falecemiento do ex vicepresidente do Goberno.
Durante a tarde do sábado os membros da agrupación municipal ocupáronse de facer tarefas de intendencia e adiantar os preparativos para a campaña.
Algúns destacados socialistas pontevedreses coma Guillermo Meijón ou Modesto Pose acompañaron ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na viaxe a Madrid para asistir á capela ardente instalada no Congreso dos Deputados.
O PSdeG expresou o seu pesar polo falecemento dun "home de estado exemplar" tanto na súa vida política como persoal que "axudou a construír unha democracia próspera" en España e "puxo as políticas públicas ao servizo da maioría".