O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, aproveitou o mitin realizado este sábado en Vilanova de Arousa para poñer en valor os investimentos que o goberno de Feijóo fixo no últimos catro anos na zona.
Rueda sinalou que no caso de Vilanova o goberno autonómico ha investido 13,3 millóns nos últimos anos, cifra que aumenta a 100 millóns para toda a comarca do Salnés.
O dirixente popular destacou as axudas outorgadas ao sector do viño e resaltou a aposta da Denominación de Orixe Rías Baixas pola internacionalización.
Tamén sinalou que "o Partido Popular sempre constituirá un apoio para defender tanto este sector como o do mar", e fixo fincapé no proxecto de ampliación do Hospital do Salnés "que suporá a creación dun hospital de día", ademais de melloras nas áreas de urxencias e reanimación e no bloque cirúrxico, explicou.
No mitin Alfonso Rueda compareceu acompañado pola presidenta do Congreso, Ana Pastor, o alcalde da localidade, Gonzalo Durán, e o membro da candidatura Román Rodríguez, conselleiro de Educación.