O Mundial de Paratriatlón deixa imaxes espectaculares nas rúas de Pontevedra

Pontevedra
23 de setembro 2023

Desde moi cedo, con saídas xa ás 9.00 horas da mañá, os deportistas empezaron a facer súas este sábado as rúas de Pontevedra co Campionato do Mundo de Paratríatlon

Campionato do Mundo de Paratríatlon en Pontevedra
Campionato do Mundo de Paratríatlon en Pontevedra / Mosrey Fotografía

Desde moi cedo, con saídas xa ás 9.00 horas da mañá, os deportistas empezaron a facer súas este sábado as rúas de Pontevedra co Campionato do Mundo de Paratríatlon.

Moitas das miradas, en especial todas as locais, estaban postas en Susana Rodríguez Gacio, que conseguiu unha amarga medalla de prata por unha polémica sanción, pero máis aló desa carreira as diferentes categorías en competición contaxiaron aos presentes co seu exemplo de vitalidade e afán de superación.

O percorrido era de 750 metros de natación no río Lérez, 19,6 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé.

Os deportistas das diferentes categorías, segundo a súa discapacidade, deixaron imaxes espectaculares e para o recordo poñendo o seu gran de area á gran festa do tríatlon que vive esta fin de semana a Boa Vila.

No que respecta a a Selección Española, ademais da medalla de prata de Susana Rodríguez, os deportistas nacionais celebraron a medalla de ouro Dani Molina (PTVI) e a prata de Marta Francés (PTS4).