O incendio que deixou unha cicatriz na Ferrería

Pontevedra
31 de decembro 2017

En cuestión de minutos, as lapas afectaron a todo o inmoble e en cuestión de horas, devorárano. Desde esa mesma noite xa quedou en pleno centro de Pontevedra unha cicatriz indeleble e na mente dos veciños unha sensación: a do temor a que todo o centro histórico queda reducido a cinzas  

Incendio nos soportais de A Ferrería
Incendio nos soportais de A Ferrería /

Cando ás 20.40 horas do luns 1 de febreiro empezaba a saír fume do edificio situado no número 12 da rúa Michelena e o número 6 dos Soportais da Ferrería pouco podían imaxinar os pontevedreses o dramático desenlace.

En cuestión de minutos, as lapa afectaron a todo o inmoble e en cuestión de horas, devorárano. Desde esa mesma noite xa quedou en pleno centro de Pontevedra unha cicatriz indeleble e na mente dos veciños unha sensación que perdura no tempo: a do temor a que todo o casco histórico quedase reducido a cinzas

O incendio arrasou un inmoble do século XIX, a zapatería Cuplé, o estudo de fotografía de Tere Malvar e o emblemático comercio La Moda Ideal, situado nos Soportais da Ferrería desde 1896. Ademais, obrigou a desaloxar a nove persoas, unha delas de avanzada idade con problemas de mobilidade que vivía nun edificio contiguo ao sinistrado, e deixou danos en vivendas e oficinas próximas

Converteuse no incendio máis virulento dos que se lembran en Pontevedra desde o que arrasou a igrexa de San Francisco e a súa extinción estivo rodeada de polémica e mesmo chegou ao Parlamento de Galicia. O estado de de ruína no que quedou a estrutura complicou a investigación das orixes do lume, na que participaron axentes da Comisaría Xeral da Policía Científica desprazados desde Madrid, e o seu desentullo, que tardou meses en estar finalizado. 

A cicatriz mantense no tempo e agora a esperanza de volver ver a emblemática praza da Ferrería en todo o seu esplendor queda supeditada a que os propietarios acometan as tarefas de rehabilitación.

Arquivado en