O fin dunha era: pecha un tramo das Galerías Oliva e derruban o edificio por Gutiérrez Mellado

Pontevedra
30 de decembro 2023

Martes 31 de xaneiro de 2023. Esa data xa forma parte inevitable da historia das Galerías Oliva de Pontevedra. Foi o día que o proxecto urbanístico que implica a demolición do edificio do número 3 da rúa Gutiérrez Mellado e o 11 da rúa Michelena, coa consecuente derriba dunha parte das galerías, empezou a facerse realidade.

Oco que antes ocupaba o edificio de parte das Galerías Oliva en Gutiérrez Mellado
Oco que antes ocupaba o edificio de parte das Galerías Oliva en Gutiérrez Mellado / Mónica Patxot

Martes 31 de xaneiro de 2023. Esa data xa forma parte inevitable da historia das Galerías Oliva de Pontevedra. Foi o día que o proxecto urbanístico que implica a demolición do edificio do número 3 da rúa Gutiérrez Mellado e o 11 da rúa Michelena, coa consecuente derriba dunha parte das galerías, empezou a facerse realidade.

Os plans anunciados materializáronse ese martes ao pechar o tramo das galerías entre a rúa Gutiérrez Mellado e a metade desta zona comercial. A instalación dunha parede de madeira tapiando este acceso preludiaba xa a inminente derriba do edificio.

Tan só uns días antes, esa parte da galería comercial quedara totalmente baleira tras facer a mudanza os últimos resistentes, a tenda de Solidariedade Internacional e a cafetería Galerías. O prazo para deixar os seus locais vencía o 31 de xaneiro e ese mesmo día uns operarios procederon a levantar unha parede de madeira no interior do corredor.

Nese momento materializábase tamén un dos peores temores dos comerciantes do resto das galerías, o peche do paso peonil, de tal forma que esta zona comercial deixaba de ter saída cara a Gutiérrez Mellado. Moito se debateu sobre a necesidade de manter o dereito de paso, pero finalmente non se garantiu.

Nos meses seguintes, o proxecto seguiu o seu curso. O 2 de maio, un ano e oito meses despois de que PontevedraViva adiantase a existencia desta operación urbanística, empezaron as tarefas preliminares para preparar o edificio do número 3 da rúa Gutiérrez Mellado para a súa demolición. Ao día seguinte, 3 de maio, empezaron as tarefas en si para botalo a baixo. En cuestión de horas, empezaran a desaparecer os primeiros muros e xanelas

Durante o ano 2023, esta operación urbanística cambiou a imaxe da contorna das rúas Gutiérrez Mellado e Michelena, pois en agosto a fachada dese edificio xa desaparecera. Ademais, a demolición deixa ver, ao fondo da parcela agora baleira, o inicio da outra parte das Galerías Oliva, que xa non teñen edificio encima, senón que simplemente teñen unha cuberta. 

O seguinte paso será a demolición do número 11 de Michelena e, para facela realidade, os comercios e empresas que ocupaban o inmoble xa tiveron que mudarse. O 23 de agosto foise o último inquilino, o Karaoke Michelena.

Esta mudanza implicou, ademais, o peche dun local histórico da noite pontevedresa tras 37 anos aberto ao público. 

Unha vez que este edificio do 11 de Michelena derrúbese, empezará a facerse realidade outro proxecto destinado a revolucionar a zona comercial de Pontevedra.A multinacional Inditex trasladará Zara desde a confluencia de Benito Corbal e Sagasta ao novo edificio que fará esquina entre as rúas Michelena e Gutiérrez Mellado.Este será o proxecto.