O concerto do cuarteto De Vacas puxo o broche de ouro a un sábado inesquecible

Pontevedra
24 de setembro 2023

Tamén o público respondeu masivamente á cita con este cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces que transforman con humor, frescura e creatividade cancións de éxito veneradas polas masas e maltratadas pola historia, desde as Spice Girls, ata Paulina Rubio, pasando por Enrique Iglesias ou Luís Fonsi, aderezados con altas doses de talento e de retranca

Concerto do cuarteto De Vacas
Concerto do cuarteto De Vacas /

O concerto do cuarteto De Vacas na praza de España puxo o broche de ouro a un sábado inesquecible.

Tamén o público respondeu masivamente á cita con este cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces que transforman con humor, frescura e creatividade cancións de éxito veneradas polas masas e maltratadas pola historia, desde as Spice Girls, ata Paulina Rubio, pasando por Enrique Iglesias ou Luís Fonsi, aderezados con altas doses de talento e de retranca.

Pontevedra despedía o sábado bailando con alegría despois de ofrecer unha magnífica imaxe a todo o planeta cunha cidade envorcada co tríatlon.

A meteoroloxía converteuse nunha perfecta aliada ofrecendo unha xornada co ceo despexado e un sol radiante pero sen apertar con demasiada calor, diso xa se ocupou o público co seu entusiasmo. 

Tanto as beiras do río, a Avenida de Buenos Aires, a zona monumental, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva estaban a rebordar con familias enteiras animando aos deportistas. Os veciños da Boa Vila mesturáronse coas máis de 13.000 persoas que viñeron á cidade para este evento, procedentes de máis de sesenta países.