O censo electoral na cidade de Pontevedra chega ás 82.377 persoas

Pontevedra
03 de febreiro 2024

Son 550 persoas rexistradas máis que na anterior cita coas urnas, as eleccións xerais de xullo pasado: 259 máis entre os residentes no municipio e 291 máis entre os pontevedreses que viven fóra de España

Xente votando en Pontevedra nas eleccións xerais do 23X
Xente votando en Pontevedra nas eleccións xerais do 23X / Cristina Saiz

O censo electoral na cidade de Pontevedra chega ás 82.377 persoas, delas residen no estranxeiro 15.584 (o 19%).

Son 550 persoas rexistradas máis que na anterior cita coas urnas, as eleccións xerais de xullo pasado: 259 máis entre os residentes no municipio e 291 máis entre os pontevedreses que viven fóra de España.

Un total de 2.693.624 galegos poderán votar nas eleccións autonómicas que levarán a cabo o próximo 18 de febreiro, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deles, 2.217.110 residen en Galicia e 476.514 no estranxeiro. Ademais, 79.072 persoas poderán participar por primeira vez nunhas eleccións ao Parlamento de Galicia, por cumprir 18 anos desde a anterior votación celebrada o 12 de xullo de 2020.

Por circunscricións, na provincia de Pontevedra serán 911.704 as persoas con dereito a voto.

Por países, Arxentina é o que maior número de electores galegos contabiliza, con case 166.300 persoas, mentres que Cuba e Brasil superan os 45.000.

Arquivado en