Non falta nin un: Unha lista de saída elite coa flor e nata do tríatlon olímpico actual

Pontevedra
14 de setembro 2023

Os mellores triatletas do panorama internacional, entre os que se atopan medallistas mundiais e olímpicos, estarán na liña de saída da Gran Final das Series Mundiais en Pontevedra  

Carreira elite masculina na Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra
Carreira elite masculina na Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra / Cristina Saiz

Os mellores triatletas do panorama internacional, entre os que se atopan medallistas mundiais e olímpicos, estarán na liña de saída da Gran Final das Series Mundiais en Pontevedra.

Na lista de saída elite masculina estará o campión nos Xogos de Tokyo, o noruegués Kristian Blummenfelt, pero tamén o dobre medallista olímpico e campión mundial Jonathan Brownlee (Gran Bretaña) ou o surafricano Henri Schoeman, bronce en Río 2016 e vencedor da Gran Final das Series Mundiais ese mesmo ano.

Ademais, os aspirantes ao título do presente ano estarán todos na lista de saída da carreira pontevedresa, como o británico Alex Yee (prata olímpica en Tokyo), o neozelandés Hayden Wilde (bronce en Tokyo), o portugués Vasco Vilaca e os franceses Léo Bergere e Dorian Coninx, que ocupan os cinco primeiros postos do ranking.

En canto á representación española, estará encabezada polo vigués Antonio Serrat acompañado de Roberto Sánchez Mantecón, David Castro, Sergio Baxter e Alberto González.

O resto de participantes son o danés Emil Holm; o holandés Richard Murray; os xaponeses Ren Sato, Kenji Nener, Makoto Odakura, Takumi Hojo e Aoba Yasumatsu; os italianos Gianluca Pozzatti e Michele Sarzilla; o canadense Charles Paquet; o británico Barclay Izzard; os alemáns Tim Hellwig e Lasse Lührs; os neozelandeses Hayden Wilde, Tayler Reid e Dylan McCullough; os australianos Matthew Hauser, Jacob Birtwhistle, Luke Willian, Brandon Copeland e Callum McClusky; os brasileiros Manoel Messias e Miguel Hidalgo; o acerbaixano Rostislav Pevtsov; os franceses Pierre Córrelle e Tom Richard; o romanés Felix Duchampt; os portugueses Joao Pereira e Ricardo Batista; os noruegueses Kristian Blummenfelt  e Vetle Bergsvik Thorn; os alemáns Lasse Nygaard Priester, Valentin Wernz e Jonas Schomburg; os belgas Marten Van Riel e Jelle Geens; os mexicanos Irving Perez e Aram Michell Peñaflor Moysen; o chileno Gaspar Riveros; os húngaros Csongor Lehmann, Márk Dévay, Gábor Faldum e Bence Bicsák; o marroquí Jawad Abdelmoula; os suízos Max Studer, Simon Westermann e Sylvain Fridelance; o canadense Tyler Mislawchuk; os estadounidenses Darr Smith, Matthew McElroy, Kevin McDowell, Seth Rider e Morgan Pearson; e o israelí Shachar Sagiv.

Tampouco faltará ninguén no cartel da carreira elite feminina, como a campioa olímpica en Río 2016 Gwen Jorgensen (EEUU)a subcampioa olímpica Georgia Taylor-Brown (Gran Bretaña) e as deportistas que encabezan actualmente o ranking mundial: Cassandre Beaugrand (Francia), Beth Potter (Gran Bretaña), Emma Lombardi (Francia), Taylor Spivey (EEUU) e Summer Rappaport (EEUU).

O equipo español neste caso estará composto por tres triatletas, como son Miriam Casillas, Noelia Juan, Anna Godoy, Marta Pintanel e Sara Guerrero.

A lista da carreira elite feminina complétana as australianas Natalie Van Coevorden, Charlotte McShane, Sophie Linn, Emma Jackson e Jaz Hedgeland; as austriacas Tanja Stroschneider, Julia Hauser e Lisa Perterer; as belgas Valerie Barthelemy, Claire Michel e Jolien Vermeylen; a bermudeña Erica Hawley; as brasileiras Vittoria Lopes e Djenyfer Arnold; a canadense Dominika Jamnicky; a checa Petra Kurikova; a danesa Alberte Kjær Pedersen; a francesa Leonie Periault; as inglesas Sophie Coldwell, Kate Waugh e Olivia Mathias; as alemás Lisa Tertsch, Nina Eim, Lena Meißner, Laura Lindemann e Annika Koch; as húngaras Noémi Sárszegi e Zsanett Kuttor-Bragmaye; as italianas Bianca Seregni, Alice Betto e Verena Steinhauser; as xaponesas Hiraku Fukuoka, Yuko Takahashi, Minori Ikeno e Niina Kishimoto; a luxemburguesas Jeanne Lehair; as mexicanas Cecilia Perez, Rosa Maria Tapia Vidal e Lizeth Roda Santos; as holandesas Rachel Klamer e Maya Kingma; a norueguesa Solveig Løvseth; as neozelandesas Nicole Van Der Kaay, Eva Goodisson e Ainsley Thorpe; a polaca Paulina Klimas; a portuguesa Melanie Santos; a surafricana Shanae Williams; a suíza Julie Derron; a sueca Tacha Månsson; a turca Taylor Spivey e as estadounidenses Kirsten Kasper, Erika Ackerlund e Katie Zaferes.

Un cartel inmellorable para o gran evento deportivo do ano na Boa Vila.