No corazón de Pontevedra, na rúa Oliva 16, atópase My vintage clothes, unha tenda que conquistou ás amantes da moda casual e estilo bohemio dende a súa apertura en 2019. Á fronte deste proxecto familiar está Tamara Sanjorge, unha apaixonada da moda que selecciona persoalmente cada peza que ofrece, garantindo calidade e estilo con cada nova colección.
My vintage clothes naceu como un pequeno soño, unha idea que lentamente foi tomando forma ata converterse nun punto de referencia en moda para mulleres de todas as idades e estilo mozo.
A paixón que Tamara pon neste proxecto consegue crear un ambiente acolledor e familiar, onde cada clienta se sente como na casa. O seu trato personalizado e consellos de estilo son sempre benvidos.
Tamara non está soa nesta aventura. A súa filla Sara converteuse na modelo da tenda, levando a roupa con frescura e estilo nas redes sociais. Xuntas, nai e filla, crean unha conexión especial coas súas clientas, algo que distingue a My vintage clothes doutros establecementos. O enfoque próximo e auténtico do trato familiar non só atrae, senón que fideliza a un público cada vez máis amplo.
Dende os seus inicios nas Galerías da Oliva, onde pronto descubriron que o espazo da tenda se lles quedaba pequeno ante a numerosa clientela, o soño de Tamara foi crecendo.
Lembra con agarimo como hai cinco anos miraba dende a xanela da súa vivenda un baixo en alugueiro. "O proxecto tíñao na miña cabeza", comenta Tamara, pero faltaba saber as condicións económicas. "Eu tiña unha amizade coa propietaria, sabía que eramos xente seria". Deste xeito, en poucas semanas, My vintage clothes trasladábase ao seu actual emprazamento.
Unha das claves do éxito de My vintage clothes é a súa constante renovación. Cada semana, Tamara presenta novidades na súa tenda, o que mantén o entusiasmo e curiosidade nas súas clientas. Moda internacional procedente de París e Porto, e provedores nacionais de Madrid e Valencia.
A colección é ampla e variada. Dende looks casuais ata estilo boho chic ou vintage, incluíndo pezas que se poden usar tanto para o día a día como para ocasións especiais e eventos. Cun inventario que inclúe roupa, complementos, bixutería e calzado, é fácil saír da tenda cun outfit completo.
Pronto traerán as primeiras pezas de moda outono-inverno, tempada na que xa avanzan que se van levar as saias satinadas con xersei, roupa oversize e cor vermella escura.
Ademais de ser un espazo de moda, My vintage clothes é un reflexo da historia desta familia emprendedora. Se buscas calidade, estilo e un trato próximo, non podes deixar de visitar esta tenda no centro de Pontevedra.
Una publicación compartida por My vintage clothes (@my.vintageclothes)