Moreira 'presume' da súa postura pro ENCE cos empresarios

Pontevedra
06 de abril 2015

O candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra está a repetir a rolda de contactos que realizou nos últimos meses para pulsar a opinión de distintos colectivos do municipio en relación co futuro da factoría de Ence na Ría. Unha vez que fixo público que aposta pola continuidade da empresa máis alá de 2018, este luns reuniuse con AJE e Aempe

Reunión do comité electoral do PP con José María Corujo e Lucía Pedroso
Reunión do comité electoral do PP con José María Corujo e Lucía Pedroso

O candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, está a repetir a rolda de contactos que realizou nos últimos meses para pulsar a opinión de distintos colectivos do municipio en relación co futuro da factoría de Ence na Ría de Pontevedra. Unha vez que fixo público que aposta pola continuidade da empresa máis alá de 2018, vólvese reunir con eles para trasladarlles persoalmente a súa decisión. Este luns tocoulle ás asociacións empresariais AJE e Aempe, aos que "les debíamos esta reunión"

Moreira defendeu a súa decisión asegurando que "es la postura en la que coincide la mayoría de la población de Pontevedra" e que, a pesar de que non lles gusta a situación actual da pastera en Lourizán, considera que na "tesitura actual" é "mejor que siga ahí". Iso si, mantén inamovible a súa postura de esixir á empresa "que se involucre con Pontevedra" e que empece a "devolver lo mucho que le debe" ao municipio.

Os presidentes de Aempe e AJE, José María Corujo e Lucía Pedroso, foron no seu momento os primeiros dirixentes empresariais en posicionarse a favor da continuidade de Ence e este luns reiterárono, asumindo ambos os dous que a situación actual da factoría "a nadie le resulta cómoda ni estéticamente correcta", pero "es lo que hay" e na actualidade xa non hai opcións para cambiala.

Corujo recorda que se demostrou que "no tiene cabida otra opción" de cara a unha nova situación no ámbito de Pontevedra, de modo que debe manterse onde está e "ya vendrán otros tiempos" que permitan a recolocación. Sería, de todos os xeitos, dentro dun período longo de anos, pois "no están los tiempos en este momento para hacer muchas florituras con eso".

Lucía Pedroso mantén que Ence "significa muchísimo" a nivel económico en Pontevedra e Marín e insiste nos empregos directos e indirectos que xera, de modo que á empresa é necesario esixirlles ese mantemento dos postos de traballo e tamén que teñan que cumprir todo tipo de medidas ambientais.