María Rey, candidata á alcaldía por Ciudadanos, xunto aos seus compañeiros de partido Alfonso Rodríguez, Maribel Rodríguez Castro e Miguel Ángel Castro compartiron un almorzo no Café Moderno con algúns hostaleiros de Pontevedra cos que analizaron aspectos do programa electoral que afectan directamente a este sector.
Unha rebaixa no IVE de hostalaría, que do 21% pasaría ao 18%, poñer en marcha a xanela única e a axilización das licenzas express son algunhas das propostas de Ciudadanos para facilitar o traballo do sector máis importante de Pontevedra son algunhas das propostas que o partido de María Rey contempla no seu programa en relación con este sector.
Tamén se tratou a creación dun prato de interese para a cidade, xa que Pontevedra carece dun prato característico como os que teñen outras cidades, segundo explicaron os hostaleiros. O bacallau como elemento esencial para a elaboración do prato ou algunha postre foron as propostas que os reunidos manexaron para desenvolver esta iniciativa.
Os hostaleiros puxeron sobre a mesa as dificultades e problemas aos que se enfrontan cando teñen que tratar coa administración. O colectivo coincide en que non hai vontade de servizo. Cando se dirixen ao concello a "pedir algo por lo que tienes derecho y por lo que generas empleo" os empresarios comentan a escasa dispoñibilidade nas oficinas municipais "parece que hay que rogarles por hacer su trabajo" dicen, e reclaman asesorar e axilizar en todo o relativo ás licenzas.
Ante esta situación, o partido de María Rey, propón no seu programa mellorar o proceso destas tramitacións.