Mareas de toda Galicia propoñen unha Declaración de Pontevedra para unirse de cara ao 24-M

Pontevedra
15 de marzo 2015

Representantes de mareas cidadás e outras iniciativas políticas municipalistas xurdidas nos últimos tempos en localidades de toda Galicia déronse cita este domingo na cidade do Lérez convidados por Marea Pontevedra e entre todas pactaron o texto dunha futura Declaración de Pontevedra co título ⿿A cooperación dos espazos de unidade⿿

Reunión de traballo de mareas cidadás de toda Galicia en Pontevedra
Reunión de traballo de mareas cidadás de toda Galicia en Pontevedra / Diego Torrado

Representantes de mareas cidadás e outras iniciativas políticas municipalistas xurdidas nos últimos tempos en localidades de toda Galicia déronse cita este domingo na cidade do Lérez convidados por Marea Pontevedra e entre todas pactaron o texto dunha futura Declaración de Pontevedra. Baixo o título ⿿A cooperación dos espazos de unidade⿿ aspira a sentar as bases necesarias para unirse e buscar fórmulas de colaboración de cara ás leccións municipais do 24 de maio (24-M).

A Declaración de Pontevedra é, de momento un borrador, pero o seu contido farase chegar ás arredor de 40 iniciativas cidadás xurdidas nas catro provincias para que as sometan a votación nas súas distintas asembleas. As candidaturas que xa se xuntaron tamén terán que someter a votación o texto, pero entre todas xa acordaron facer un chamamento a todas as listas municipais do que coñecen como "espazo de ruptura" a sumarse como actores principais e decisivos.

A declaración recolle que "a confluencia dende a base, xerada para dar respostas ás dinámicas propias de cada localidade, pide agora un segundo paso cara á conformación dunha rede que outorgue a máxima visibilidade á aposta por ese proceso de ruptura no conxunto do país, para posteriormente cooperar desde as institucións e nos gobernos municipais para mudar a realidade".

Ao respecto, o candidato de Marea Ponteveda, Luis Rei, explicou que a iniciativa pontevedresa convocou a todas as candidaturas de confluencia que se están consolidando ao longo e ancho de Galicia coa idea de que as candidaturas municipalistas que se van presentar en cada concello "trascendan ao ámbito local e intenten chegar a fórmulas que permitan que os cambios nos concellos también se trasladen ás deputacións de Galicia".

Luis Rei: "Por hixiene democrática ten que producirse un cambio (no goberno de Pontevedra)"

Luis Rei insiste en que todaas son "candidaturas municipalistas, de unidade cidadá, e soberanas nas nosas decisións", pero non  son candidaturas localistas senón que teñen visión nacional. "Existe un cambio global que non debemos perder de vista", indicou.

A xornada de traballo contou coa presenza das candidaturas das sete grandes ciudades galegas agás Ourense en Común e Marea Atlántica, que tiveron que ausentarse no último momento por cuestión internas, así como outras iniciativas como Ames Novo, Ribadeo en Común, Boiro Novo, Ribeiro en Común, Betanzos Novo e Marea Marín o Movete A Estrada. Cada unha ten un ritmo de evolución diferente e Marea Pontevedra presentouse como experiencia a seguir ao ser un lugar no que "o proceso de confluencia madurou rapidamente".

No caso de Pontevedra, Luis Rei sinalou o seu convencemento de que "imos cambiar o goberno" e lembrou que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, leva 30 anos presente na Corporación, máis da metade deles como alcalde, de modo que "por hixiene democrática ten que producirse un cambio". Na súa opinión, este cambio non se produciu con anterioridade porque "non había proxectos suficientemente ilusionantes para conseguilo", pero Marea "obterá o respaldo maioritario e conseguirá levar o cambio necesario por hixiene democrática ao Concello".