Malkeda pon o peche musical á primeira xornada do ITU Multisport

Pontevedra
28 de abril 2019

Tras unha intensa xornada deportiva, a música da banda pontevedresa Malkeda animou a noite do primeiro día do ITU Multisport. Foi cun concerto que, a partir das dez da noite, ofreceron na Praza de España ante centos de asistentes

Concerto de Malkeda no ITU Multisport Festival de Pontevedra
Concerto de Malkeda no ITU Multisport Festival de Pontevedra / Xan Xiadas

Tras unha intensa xornada deportiva, a música da banda pontevedresa Malkeda animou a noite do primeiro día do ITU Multisport.

Foi cun concerto que, a partir das dez da noite, ofreceron na Praza de España ante centos de asistentes.

O rock duro 'made in Pontevedra' fixo as delicias do público, entre os que se atopaban moitos do seu paisanos pero tamén unha nutrida representación das persoas que visitan a cidade para acompañar aos participantes na competición.

Malkeda, no seu concerto, repasou os grandes éxitos da súa carreira musical, especialmente os incluídos no seu último disco, Cumulonimbo

A música continuará este domingo, esta vez no Recinto Feiral ás nove da noite, coa actuación da Orquestra Panorama.