Máis de trinta concertos animarán o debut de Cabos Soltos en Pontevedra

Pontevedra
21 de marzo 2019

A música será, sen dúbida, un dos grandes atractivos do programa municipal Cabos Soltos. Cada vez son máis os locais que se animan a organizar concertos en pequeno formato para animar á súa clientela. Por iso é polo que, de cara o comezo desta iniciativa, organizaranse máis de trinta concertos nunha fin de semana verdadeiramente frenética

Ángel Stanich
Ángel Stanich / PontevedraViva

A música será, sen dúbida, un dos grandes atractivos do programa municipal Cabos Soltos. Cada vez son máis os locais que se animan a organizar concertos en pequeno formato para animar á súa clientela. Por iso é polo que, de cara o comezo desta iniciativa, organizaranse máis de trinta concertos nunha fin de semana verdadeiramente frenética.

Todos os concertos celebraranse nalgún dos establecementos adheridos a Cabos Soltos e serán de entrada gratuíta.

A xornada central desta festa de presentación de Cabos Soltos será o sábado 23 de marzo, pero antes, a modo de aperitivo, a Sala Karma súmase a este proxecto cun concerto do artista cántabro Ángel Stanich, unha das grandes referencias da música independente nacional. Será este xoves 21, a partir das dez da noite.

Ao día seguinte, o venres 22, haberá unha dobre cita. Por unha banda, o Café Moderno acollerá ás 21.00 horas a representación da obra Teatro é comedia, da compañía 8MM; mentres que unha hora máis tarde, ás dez, soará en El Pequeño a música do coruñés Félix Arias, quen compaxina proxectos con outros artistas como Xoel López coa súa carreira en solitario.

A gran cita do sábado inclúe ata 35 concertos:

 

13.00 horas

PAVERO BAR: LOS JINETES DEL TRÓPICO

13.30 horas

A ADEGA DOS AVÓS: DÉBORAH VUKUŠIĆ
EL PECADO: GALOS DO CURRAL
TABULA RASA: FLIP CORALE
EL PEQUEÑO: SANTI ARAÚJO

17.00 horas

LA PLATERÍA: DENOVA
YE OLDE BASSET: LOPE
SOULBEER: RODRIGO VALIENTE

18.00 horas

LA GRAMOLA: QUERIDO EXTRAÑO
O DIAÑO: MOLOCH
PAVERO BAR: JACOBO SAINZ
GRIFÓN: PANTANO

19.00 horas

HAMA; KING CABRA
THE GROOVE HOUSE: DINGO
NOVO VIÑEDO: DACOVA

20.00 horas

LA POSADA INDIANA: PARANOIR
LIVINGSTONE: MIGUEL SILVA
A TABERNA DO JAZZ: LARRY BOOOOWLES
EL PEQUEÑO: CHIKATILO

21.00 horas

EL BRUC: DESCONCERTO
LA BOTICA: DR. EXCEPTO
SOPA DE GALLO: RUSTY JAMES & FRINGE
THE GROOVE HOUSE: REAL LA CLIKA
O DIAÑO: JOAO TOMBA

22.00 horas

LA BOTICA: QUECO LAGO
MOMA MÚSICA HALL: MR MAGOO
BANANA: BOTTOMBEAT
ABUELITA COPAS: CEDEZAOITO
EL PEQUEÑO: SUGAR MOUNTAIN

23.00 horas

BARAKALDO: FRANK?
LA POMADA: TROMPAS DE FARLOPIO
LA GRAMOLA: MOSCA DE COCO
THE GROOVE HOUSE: UNCLE DOC+N.SKILLZZ