Lorix e Mosquerix, un cómic do BNG contra o imperio PPromano

Pontevedra
05 de maio 2015

Este martes os nacionalistas presentaron a Lorix e Mosquerix, o alter ego, de Miguel Anxo Fernández Lores e César Mosquera, co que rin de se mesmos e se mofan dos seus rivais políticos. O cómic debuxado por Kiko Dasilva, recreando a creación de René Goscinny e Albert Uderzo, conta a historia dunha Galicia toda ocupada polo imperio "PPromano, toda?, non! Unha apracible cidade poboada por irredutibles galegos resiste aínda e sempre ao invasor"

Miguel Anxo Fernández Lores e César Mosquera
Miguel Anxo Fernández Lores e César Mosquera / Mónica Patxot

O BNG anunciou unha campaña electoral distinta e, por tutatis!, estano a conseguir. Primeiro un rap e agora un cómic.

Este martes os nacionalistas presentaron a Lorix e Mosquerix, o alter ego, de Miguel Anxo Fernández Lores e César Mosquera, co que rin de si mesmos e se mofan dos seus rivais políticos.

O cómic debuxado por Kiko Dasilva, recreando a creación de René Goscinny e Albert Uderzo, conta a historia dunha Galicia toda ocupada polo imperio "PPromano, toda?, non! Unha apracible cidade poboada por irredutibles galegos resiste aínda e sempre ao invasor".

Na "Pontevedrum" do Bloque aparecen Agustinus, líder dos "socialistum hispánicus" que "sempre se esconde cando Pontevedrum necesita axuda", Moreirum "centurión dos exércitos PPromanos e monicreque do imperio" xunto con Abalum "o máis torpe dos PPromanos e o único que permanece leal a Moreirum".

O BNG buzoneará este comic polos portais de toda a cidade.

O candidato do BNG á Alcaldía, Fernández Lores, cre que ninguén se sentirá ferido polas caricaturas "sería ridículo que lles sentará mal, o normal é que sorrían", afirmou.

(LE AQUI O COMIC DE LORIX E MOSQUERIX)