Lienzo Decoración: onde a calidade e o estilo se atopan

Pontevedra
26 de setembro 2024

Dende a súa apertura en 2011, esta encantadora tenda destaca pola súa especialización en papel pintado e teas de alta calidade para tapicerías e cortinas, con taller de confección propio, ofrecendo os seus clientes unha experiencia única para vestir os seus fogares

Susana Silva, interiorista e propietaria de Lienzo Decoración, posa no interior da tenda
Susana Silva, interiorista e propietaria de Lienzo Decoración, posa no interior da tenda /

Lienzo Decoración é o lugar de encontro en Pontevedra para aquelas persoas que desexan darlle un toque persoal e con estilo aos interiores das súas vivendas. 

Dende a súa apertura en 2011, esta encantadora tenda destaca pola súa especialización en papel pintado e teas de alta calidade para tapicerías e cortinas, con taller de confección propio, ofrecendo os seus clientes unha experiencia única para vestir os seus fogares.

Con máis de 20 anos de experiencia no sector, a interiorista Susana Silva creou un espazo onde cada recuncho se adapta á perfección os desexos e necesidades dos clientes. Moitos deles seguiron a Susana dende a súa anterior experiencia profesional en Lienzo de los Gazules, cuxo peche en Pontevedra animouna a montar unha tenda propia. Dende entón, a súa paixón pola decoración fixo crecer un negocio que se distingue pola atención ao detalle e a calidade dos seus produtos.

O taller propio de confección, situado nun local próximo, permite a Susana e ao seu equipo realizar traballos a medida para cada cliente, asegurando que cada téxtil se axuste perfectamente ás necesidades do fogar. Este servizo personalizado inclúe a visita ás casas para facer as medicións, así como a instalación.

A oferta de Lienzo Decoración non se limita só á súa propia confección. A tenda está especializada en papel pintado, ofrecendo máis de 200 catálogos dunha variedade de marcas recoñecidas, tanto nacionais como internacionais. Firmas de prestixio como Casadeco, Casellio, Casamance, Arte, Nina Campbell, Matthew Wiliiamson ata Osborne & Little, Harlequin e Jane Churchill, que traballan tanto papel pintado como teas.

Esta diversidade permite os clientes atopar dende opcións máis accesibles ata produtos de alta gama, adaptándose así a diferentes orzamentos e estilos.

Tamén os amantes dos téxtiles de calidade atoparanse neste espazo cunha infinidade de teas de calidade e marcas que transformarán os seus espazos. Destacan especialmente os tecidos de Yutes, unha fábrica barcelonesa de prestixio, e a recoñecida K International, que brindan opcións de calidade a prezos competitivos. Para quen busca exclusividade, a tenda tamén dispón de coleccións de alta gama de firmas como James Malone e Gastón y Daniela.

Para ofrecer un servizo completo ao cliente, que abarca dende o tapizado ata a ambientación do espazo, a tenda colabora con profesionais de confianza, como un tapiceiro e un pintor

Nunha época na que recuperar e retapizar sofás converteuse nunha tendencia popular, Linzo permite os seus clientes transformar os seus mobles favoritos en pezas modernas ao seu gusto. Ao traballar con teas de alta calidade, poden elixir entre unha ampla variedade de texturas e cores para adaptarse ás súas necesidades, sabendo que un tapiceiro experto daralle unha nova vida ao seu mobiliario. 

Ademais, a colaboración cun pintor especializado facilita a instalación de papel pintado e remates en pintura, asegurando que cada proxecto se realice cun acabado profesional e a medida

Por petición da súa clientela, Susana sumou á súa proposta de decoración a venda de sofás e butacas que, ao velos expostos en tenda, suscitan un grande interese. Son pezas procedentes de dous grandes fabricantes nacionais, Elkfo e Tapizados Doñana, que destacan pola calidade dos seus tapizados, ofrecendo unha experiencia cálida e acolledora. 

En canto a alfombras, imponse a tendencia cara ás alfombras a medida, un produto de calidade que provén principalmente de Portugal. Neste caso, tamén Lienzo Decoración traballa con firmas de referencia como Lusotufo, CutCut e M.A. Salgueiro.

A medida que Lienzo Decoración continúa crecendo, consolídase como un espazo onde a creatividade se atopa coa calidade e onde cada cliente pode plasmar as súas ideas nun ambiente único e persoal. Para aqueles que buscan un espazo acolledor e único, esta tenda é, sen dúbida, unha visita imprescindible.

 

LIENZO DECORACIÓN
Rosalía de Castro 36, Pontevedra
Web: www.lienzodecoracionenpontevedra.com
Instagram: @lienzodecoracioninteriorismo
Facebook: @lienzodecoracion
Teléfono: 886 204 875