Leiceaga asegura que o PP non buscou unha alternativa a ENCE para "defender os intereses dos propietarios"

Pontevedra
17 de setembro 2016

O candidato do Partido Socialista á Xunta de Galicia fixo estas declaracións nun comida-mitin celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra

Acto do Partido Socialista no Pazo da Cultura de Pontevedra
Acto do Partido Socialista no Pazo da Cultura de Pontevedra / PSdeG-PSOE

O candidato do Partido Socialista á Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, criticou este sábado nun acto en Pontevedra a prórroga a ENCE na súa actual localización de Lourizán.

Para Leiceaga, a actuación do Goberno en funcións supón un exemplo das políticas desenvolvidas polo Partido Popular, cuxos representantes evitaron en todo momento buscar unha localización alternativa únicamente por defender os intereses dos propietarios", sinalou.

O cabeza de lista do PSdeG PSOE fixo estas declaracións nun comida-mitin celebrada no Pazo da Cultura na que estivo acompañado polo cabeza de lista pola provincia, Abel Losada, e a número dous, a pontevedresa Patricia Vilán.

Na súa intervención, Fernández Leiceaga tamén asegurou ver a Feijóo e ao Partido Popular "nervosos" ao comprobar que "as contas non lles saen" e que "aparece con moita fortaleza unha alternativa liderada polo PSdeG".

Leiceaga pediu ademais que non quede na casa "ningún socialista e ningunha persoa de esquerda" para "dicirlle adeus ao goberno do PP".

Arquivado en