Os resultados das últimas enquisas electorais publicadas son coincidentes: O Partido Popular avantaxaría ao resto de formacións que conseguirían representación revalidando a maioría absoluta, BNG e o Partido Socialista serían segunda e terceira forza no Parlamento galego, mentres que Sumar, Vox e Democracia Ourensá quedarían fóra ao non alcanzar o 5% dos votos nas circunscricións nas que se presentan.
As tendencias mantéñense máis ou menos estables nas últimas semanas, co PP en primeiro lugar, o BNG como segunda forza máis votada e o PSdG-PSOE sería terceiro, polo que a alternativa a Alfonso Rueda pasaría por facer presidente á candidata do BNG, Ana Pontón.
O resultado por provincias lanza unha vitoria por maioría absoluta do Partido Popular na Coruña, Lugo e Ourense, mentres que no caso de Pontevedra tamén sería a forza máis votada pero non de forma maioritaria.
Esta media elaborouse a partir dos datos achegados polas enquisas realizadas por Sondaxe para (La Voz de Galicia), Sociométrica para (El Español), 40db para (El País), Hamalgama Métrica (Vozpópuli), Celeste Tel (Onda Cero), GAD 3 (ABC), Sigmados (El Mundo), Key Data (Público), Infortécnica (La Región).