Gómez Noya e o seu grupo 'Liorta' unen música e tríatlon cun concerto na Sala Karma

Pontevedra
18 de setembro 2023

A banda musical, na que ademais do campión do mundo tocan dous triatletas máis, actuará o sábado 23 de setembro na Sala Karma de Pontevedra coincidindo coa Gran Final das Series Mundiais. "Facémolo para pasalo ben, para desconectar", asegura Gómez Noya

Imaxe do grupo 'Liorta' do que forma parte Javier Gómez Noya
Imaxe do grupo 'Liorta' do que forma parte Javier Gómez Noya / Liorta

O tríatlon e a música irán da man este sábado 23 de setembro na Sala Karma de Pontevedra, coincidindo coa Gran Final das Series Mundiais que se celebran na Boa Vila.

Javier Gómez Noya, pentampión do mundo en distancia olímpica, non estará na liña de saída da carreira, pero si subirá ao escenario nunha cita máis a gardar na axenda dos próximos días.

O deportista, xunto aos tamén triatletas Diego Paz y Roberto Barral ademais de dous compañeiros máis actuarán na sala pontevedresa co seu grupo 'Liorta'

"Facémolo para pasalo ben, para desconectar. Ensaiamos cando podemos", recoñeceu este luns o propio Gómez Noya sobre a súa paixón musical.

"Oxalá a xente responda", sinala sobre un concerto no que "faremos versións de rock en galego, castelán e inglés, de grupos como Heredeiros da Crus, The Hives, Offspring ou Los Cigarros", explicou o deportista.

O concerto dará comezo ás 22.30 horas e a entradas terán un custo de 5 euros.