Foyone, Xavibo, Soulmacklein e Vértebras, as catro citas estivais con Urbana Monte Porreiro

Pontevedra
08 de xullo 2024

Urbana Monte Porreiro volverá ser unha das grandes apostas das Festas de Verán de Pontevedra. Ofrecerá dous días de concertos con grandes referentes da música urbana nacional e galega. A súa nova edición celebrarase os días 6 e 7 de agosto

Xavibo e Foyone
Xavibo e Foyone / Taste the Floor

Urbana Monte Porreiro volverá ser unha das grandes apostas das Festas de Verán de Pontevedra. Ofrecerá dous días de concertos con grandes referentes da música urbana nacional e galega. A súa nova edición celebrarase os días 6 e 7 de agosto.

As catro actuacións que integran a programación deste ano comezarán ás nove da noite no Miradoiro de Monte Porreiro. A entrada para todas elas é gratuíta.

A primeira das dúas citas será o martes 6 de agosto con Xavibo e Soulmacklein.

Xavibo é un artista mallorquino que tras un breve paso pola poesía e o relato curto, penetrouse no mundo da música. Ten tres discos editados, o último deles Papel de burbujas (2023).

Caracterízase por ritmos de hip hop cun estilo propio e introspectivo, letras escritas por persoas para persoas, a través das cales plasma os seus sentimentos e emocións.

O pontevedrés Soulmacklein, pola súa banda, formou parte do grupo Delahoja e tras iniciar a súa carreira en solitario apostou por un estilo musical cheo de ritmos reggae e dancehall, sen deixar de lado a crítica social que caracterizaba á banda.

Corazón de hielo No hay Love, nas que colaborou con Rhygin Shabani, son os seus temas máis recentes, cos que segue labrando unha sólida carreira na escena urbana.

 

O mércores 7 de agosto, pola súa banda, Urbana Monte Porreiro ofrecerá os concertos de Foyone e Vértebras.

Foyone é un rapero que empezou no 2011 cos icónicos Rap Sen Corte, saga coa que rapidamente conseguiu o recoñecemento do mundo do hip hop.

Desde entón editou oito discos de estudo, o máis recente Demoni (2024), no que desafía ás convencións e redefine a escena do rap. 

Vértebras é un dúo vigués formado dúas mulleres de diferentes raíces pero coa mesma paixón pola música, Ika Subversiva e Amari.

O estilo no que se define a banda é o música rap, onde se busca dar voz ás súas vivencias persoais así como usar a música para dar voz á crítica social e a quen non ten voz.